Aranga
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Ponte Aranga | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.815 (2023) (15,06 hab./km²) | ||||
Xentilicio | arangués | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 120,49 km² | ||||
Altitude | 262 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Platas Álvarez | ||||
Eleccións municipais en Aranga | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15317 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15003 | ||||
Páxina web | aranga.es |
Aranga é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE, o 1 de xaneiro de 2014 tiña 2033 habitantes, 1023 homes e 1010 mulleres (2.072 no 2012, 2113 no 2011, 2126 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arangués».[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]Ten unha superficie de 119,6 km². Limita cos concellos de Guitiriz (da provincia de Lugo), Curtis, Oza-Cesuras, Coirós, Irixoa e Monfero. O concello está atravesado polo río Mandeo. Está situado a 40 km ao sueste da capital da provincia. Ten unha altitude media de 262 m sobre o nivel do mar.
Demografía
[editar | editar a fonte]É un dos dous únicos concellos da provincia da Coruña que se considera concello rural marxinal (a poboación agraria supera o 70 % do total de poboación activa).
Censo total 2014 | 2033 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 118 (5,8 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1136 (55,88 %) |
Maiores de 65 anos | 779 (38,32 %) |
Evolución da poboación de Aranga Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4710 | 4980 | 4618 | 2723 | 2274 | 2142 | 2113 | 2072 | 2051 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]Consérvanse restos prehistóricos. Xunto á ermida de San Vitorio hai varios campos de dolmens e un castro. Na Costa do Sal hai varios petróglifos, mámoas e outros restos.
En Fervenzas existen tres castros: Castro do Valló, nos Casarellos e o castro das Cotorras. Aprézase ben toda a súa estrutura, as murallas e o antecastro. Na parroquia atopáronse outros restos arqueolóxicos, como pequenos utensilios, machados, puntas de frechas, e restos de enterramentos, especialmente nos arredores do Mato.
En Muniferral hai un castro, no que se aprecia ben toda a súa estrutura. En Feás está documentada a existencia dun castro denominado Castro de Flores, no lugar coñecido como Flores ou A Feira. Nas inmediacións do mesmo produciuse o achado dun torque, actualmente depositado no Museo Arqueolóxico Nacional, en Madrid, e que aparece catalogado como torque de Ois (o lugar de Flores, e o propio castro, sitúanse da cabalo dos concellos de Coirós, parroquia de Santa María de Ois, e Aranga, parroquia de Feás), pero que tamén é coñecido como torque de Flores.
Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]A igrexa de Muniferral é un templo románico, do século XII. A igrexa de San Paio é barroca, do século XVII. Na capela do Cristo consérvase a Santa Cruz, de latón do século X.
Son numerosos os cruceiros existentes nas distintas parroquias do concello. O cruceiro de San Vicente de Fervenzas está datado entre finais do século XV e principios do XVI. A capela de San Salvador de Fervenzas aparece citada no Catastro de Ensenada.
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]A ponte sobre o río Mandeo en Ponte Aranga, data do século XVII. A Ponte Vella, na Castellana, tamén sobre o río Mandeo, data do século XVI, sendo posteriormente reformada. Por esta ponte pasaba o camiño real da Coruña a Lugo.
Existen varias pazos ou casas grandes de interese, como é o caso da casa do Vinculeiro, no lugar da Lagoa, na parroquia de Feás, hoxe en deficiente estado de conservación, e que presenta un interesante portalón de pedra.
Aranga na cultura popular
[editar | editar a fonte]A lenda conta que hai séculos ían unhas mulleres camiñando preto da igrexa e escoitaron soar unha campaíña. Contáronllo ó cura e este mandou cavar no lugar, ata que atoparon unha cruz de ferro e unha coroa de prata. Cando sacaron estes obxectos comezou a abrollar auga, que deu lugar á actual fonte; ó seu pé hai unha cruz gravada na pedra. Co tempo levantouse unha ermida a carón da fonte.
A Santa Cruz e a fonte de Aranga teñen propiedades curativas, ó dicir dos veciños. Para curar dalgunha enfermidade, o doente debe lavarse coa auga que se vai acumulando na cruz de pedra. Do mesmo xeito, para conseguir ter fillos, os interesados deben lavar as súas partes con esta auga, e disque tamén é eficaz para protexer as colleitas das diferentes pragas [2].
Cantigueiro
[editar | editar a fonte]- A verdadeira Cruz de Aranga / queda sentada na porta / mirando para os romeiros / como lle soben a costa.[3]
- Pasei a ponte de Aranga, / non a pasei por ladrón, / paseina por bo mozo, / porque tamén eu son.[4]
- Verdadeira cruz de Aranga/ que has de dar ós teus romeiros/ auguiña da túa fonte,/ sombra dos teus castiñeiros.[2][3]
Aparece tamén Aranga na terceira estrofa da «Cantiga da montaña» de Aurelio Ribalta: De Trasanquelos á Curtis, / dende Vilacoba a Aranga, / dende Monfero a Sobrado, / dende Libureiro a Caldas, dende Santiago a Millide…[5]
Política
[editar | editar a fonte]Eleccións municipais de 2019
[editar | editar a fonte]Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 5 (-1) | 751 | 53,30% |
PSdeG-PSOE | 4 (=) | 526 | 37,33% |
BNG | 0 (=) | 123 | 8,73% |
Pasaron dos 11 escanos aos 9 escanos.
Eleccións municipais de 2015
[editar | editar a fonte]Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 6 (=) | 728 | 48,08% |
PSdeG-PSOE | 4 (=) | 521 | 34,41% |
i Aranga | 1 (-) | 193 | 12,75% |
BNG | 0 (-1) | 58 | 3,83% |
Eleccións municipais de 2011
[editar | editar a fonte]Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 6 (=) | 846 | 50,39% |
PSdeG-PSOE | 4 (=) | 593 | 35,32% |
BNG | 1 (=) | 231 | 13,76% |
Eleccións municipais de 2007
[editar | editar a fonte]Partido político | Concelleiros | Votos | Porcentaxe |
---|---|---|---|
PPdeG | 6 | 853 | 48,41% |
PSdeG-PSOE | 4 | 656 | 37,23% |
BNG | 1 | 240 | 13,62% |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Aranga.
-
Fonte de Santa Cruz.
-
Pico montañoso.
-
Reflexos no río Mandeo.
-
Pisada de Roldán.
Parroquias
[editar | editar a fonte]
Lugares de Aranga
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Aranga vexa: Lugares de Aranga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ 2,0 2,1 Gran Enciclopedia Galega III, s. v. Aranga.
- ↑ 3,0 3,1 Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 104. ISBN 978-84-9812-210-7.
- ↑ "Lugar de referencia: Aranga". Portal de ditados tópicos galegos.
- ↑ Ribalta, Aurelio (7.11.1897). "Cantiga da montaña". Revista Gallega (A Coruña) (139): 4. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 25 de agosto de 2019.
|archiveurl=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda);|accessdate=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aranga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cabanas López, Fernando D. (2018). Territorio de Aranga (en castelán). ISBN 978-84-09-07272-9.
- —————— (2019). Vida municipal en Aranga durante la II República. Municipio precursor de la II República en Galicia: 1931-1939 (en castelán).
- Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). PXOM de Aranga. Información xeográfica e histórica (PDF) (Informe). Concello de Aranga. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01/11/2018. Consultado o 1/11/2018.
- Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aranga en OpenStreetMap.