Saltar ao contido

Arcosolio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcosolio no cubículo de Tellus, hipoxeo da Vía Dino Compagni, en Roma.

Arcosolio (do latín arcus, arco, e solium, sepulcro, sarcófago) é un termo arquitectónico aplicado a un nicho cuberto cunha bóveda en arco que se empezou a usar como lugar de soterramento nas catacumbas.

O arcosolio era unha tumba, de forma abovedada, destinada a personaxes notables como santos e mártires. Nas catacumbas, a parte máis ensanchada ou galería con arcosolios, servía de capela funeraria, a miúdo decoradas con pinturas murais e esculturas. Utilizáronse con frecuencia durante o século III en Roma.

A partir do século XIII vólvese a utilizar este tipo de tumbas, situadas agora nas paredes das igrexas. O nicho no que se introduce o sarcófago ten agora forma de arco oxival e, posteriormente, coa chegada do Renacemento, de medio punto. En canto ao sarcófago, sobre a súa tapa, asdoita colocarse a representación do corpo xacente do defunto; en casos excepcionais, represéntase en posición orante. Nos estilos gótico flamíxero, plateresco, renacentista e manierista o arcosolio decórase con gran profusión de detalles.

Domenico Fancelli recupera esta tipoloxía e como exemplo en España pódese mencionar o monumento funerario que realizou para o cardeal Diego Hurtado de Mendoza y Quiñones, que se atopa na Catedral de Sevilla. Foi realizado en Italia e trasladado e montado por pezas.

Dous dos mellores sepulcros baixo arcosolio españois son os do infante Afonso, irmán de Isabel a Católica, que foi realizado no século XV por Gil de Siloé na Cartuxa de Miraflores (Burgos) e o do Doncel de Sigüenza (Guadalaxara).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy