Saltar ao contido

Armando Requeixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArmando Requeixo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, crítico literario Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Fe González Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1224343 Bitraga: 2305 AELG: 75 BUSC: requeixo-cuba-armando-1971 Dialnet: 289982

Armando Requeixo Cuba, nado en Mondoñedo o 14 de xuño de 1971, é un investigador, profesor e crítico literario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Armando Requeixo na defensa da súa tese.

Investigador e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, é tamén profesor na Universidade de Santiago de Compostela e coordinador de actividades e publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.

O 28 de febreiro de 2014 defendeu a súa tese de doutoramento, A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: Estudo e edición crítica, dirixida por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer[1].

Ensaísta e tradutor, é membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da Asociación Española de Críticos Literarios e da Asociación Galega da Crítica. Recibiu varias distincións polo seu labor como crítico, investigador e tradutor literario.

Dende o 2016 dirixe os Cadernos Ramón Piñeiro e as coleccións Láncara de Poesía e Narrativa Recuperada no seo do Proxecto Recuperación de Textos Literarios e Xornalísticos Galegos, do que é o principal responsable no CRPIH[2], onde tamén dirixe o Proxecto Bibliografía da Literatura Galega. Dende decembro do 2019 dirixe tamén os cadernos da Colección Selva de Esmelle, publicación da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro.

Colabora como comentarista habitual na revista Tempos Novos e o seu suplemento de libros ProTexta. As súas recensións aparecen publicadas nos xornais do Grupo Editorial Prensa Ibérica (Faro de Vigo, La Opinión (A Coruña)), do Grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños), do portal Galicia Dixital[3], e mantén unha colaboración semanal na Radio Galega sobre comentario de obras narrativas e ensaísticas galegas ou traducidas[4].

Dende febreiro de 2011 mantén na Rede o blog Criticalia, onde dá cabida a recensións de novidades editoriais ao tempo que achega reflexións sobre diversas cuestións relacionadas coa literatura galega.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado coa tradutora María Fe González[5]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • VI Premio de Investigación Lingüística e Literaria 17 de Maio do Departamento de Filoloxía Galega da USC en 1994.
  • Premio Xerais á Cooperación Editorial no 2004.
  • Premio Literario Ánxel Fole no 2010.
  • Premios Redelibros ao crítico literario máis destacado do 2011 e 2012.
  • Premios Redelibros ao blog máis destacado do 2011 e 2012, por Criticalia.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2012.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2014.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario e ao mellor blog/web literaria, por Criticalia, de 2015.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario e ao mellor blog/web literaria, por Criticalia, de 2016.
  • Premio Alecrín 2017 no "Eido da Crítica e Investigación Literaria" concedido pola FEGALCAT.
  • Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela [7]
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2017.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2018.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2019.
  1. "Armando Requeixo presenta na USC a primeira tese sobre Díaz Castro" Arquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza, 27 de febreiro de 2014.
  2. "páxina web do CRPIH". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2018. Consultado o 10 de abril de 2018. 
  3. perfil do autor en Galicia Dixital
  4. perfil do autor na Radio Galega
  5. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Requeixo Cuba, Armando". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 483. ISBN 84-8064-113-4. 
  6. "Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2017. 
  7. Armando Requeixo gana el Reimóndez Portela con cinco artículos publicados en FARO, nova no Faro de Vigo o 15 de setembro de 2017 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy