Saltar ao contido

Arthur Conan Doyle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSir Editar o valor en Wikidata
Arthur Conan Doyle

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Sir Arthur Ignatius Conan Doyle
(en) Arthur Conan Doyle Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Arthur Ignatius Conan Doyle Editar o valor en Wikidata
22 de maio de 1859 Editar o valor en Wikidata
Edimburgo (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Windlesham Manor, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWindlesham Manor (en) Traducir (1930–1955)
Church of All Saints cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico non practicante e espiritismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Medicina da Universidade de Edimburgo (1876–1881)
Stella Matutina (en) Traducir (1875–1876)
Stonyhurst College (pt) Traducir (1870–1875)
Stonyhurst Saint Mary's Hall (en) Traducir (1868–1870) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela policial, literatura inglesa e detective literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, escritor de literatura infantil, escritor de ciencia ficción, escritor de xénero policial, escritor de contos, historiador, guionista, ensaísta, dramaturgo, médico escritor, novelista, escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoLiberal Unionist Party (en) Traducir (1900–1906) Editar o valor en Wikidata
Interesado enCiclismo Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFicção policial (pt) Traducir, ciencia ficción e novela histórica Editar o valor en Wikidata
Influencias
DeporteCrícket
fútbol Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Edinburgh University RFC
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJean Elizabeth Leckie (1907–1930), morte do cónxuxe
Louisa Hawkins (1885–1906), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosMary Louise Conan Doyle
 () Louisa Hawkins
Alleyne Kingsley Conan Doyle
 () Louisa Hawkins
Denis Conan Doyle
 () Jean Elizabeth Leckie
Adrian Conan Doyle
 () Jean Elizabeth Leckie
Jean Conan Doyle
 () Jean Elizabeth Leckie Editar o valor en Wikidata
PaisCharles Altamont Doyle Editar o valor en Wikidata  e Mary Foley Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn Francis Innes Hay Doyle Editar o valor en Wikidata
ParentesBenedict Cumberbatch, curmán Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Larousse en liña, (sec:sir Arthur Conan Doyle)
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:2, sec:Дойл, Артур Конан)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Sitio webconandoyleestate.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0236279 Allocine: 35555 Rottentomatoes: celebrity/arthur_conan_doyle Allmovie: p168099 TCM: 361057 Metacritic: person/arthur-conan-doyle TV.com: people/sir-arthur-conan-doyle IBDB: 24411
BNE: XX908424 iTunes: 2023824 Musicbrainz: 0568c60f-9852-4708-82ab-1afb8bb1342f Discogs: 610823 IMSLP: Category:Doyle,_Arthur_Conan WikiTree: Doyle-75 Find a Grave: 1524 Editar o valor en Wikidata


Sir Arthur Ignatius Conan Doyle, nado en Edimburgo o 22 de maio de 1859 e finado o 7 de xullo de 1930, foi un escritor escocés que acadou gran sona pola creación do personaxe de Sherlock Holmes, detective de ficción famoso no mundo enteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Arthur Conan Doyle naceu nunha familia de artistas, xa que o seu avó, John Doyle (1757-1868) foi un famoso debuxante, gravador e caricaturista e seu pai tamén foi debuxante e pintor[1]. Foi o segundo de nove irmáns dunha familia vida a menos debido ao alcolismo de seu pai. A súa formación estivo marcada polos xesuítas, xa que foi enviado con nove anos a un colexio en Inglaterra e tamén pasou un ano en Austria.[2] Foi deste xeito que adquiriu sólidos coñecementos dos autores clásicos, latinos e ingleses.[3]

Doyle educouse en Stonyhurst e estudou medicina na Facultade de Medicina da Universidade de Edimburgo onde coñeceu o doutor Joseph Bell, profesor que animaba aos seus alumnos a inferir a maior cantidade de información persoal posible dos seus pacientes a partir dos detalles máis nimios que se achaban á vista. Foi o doutor Bell quen inspirou a Doyle gran parte da personalidade de Sherlock Holmes.

Ao rematar a carreira[3], en 1880, foi cirurxián no baleeiro groenlandés Hope e despois serviu como médico do exército en Suráfrica durante a Guerra dos Boer. Ao seu regreso foille outorgado o título de Sir en 1902 polos servizos prestados así como polos dous libros que escribiu sobre o conflito bélico surafricano baixo o título de The war in South Africa: its cause and conduct (A guerra en Suráfrica: as súas causas e o seu desenvolvemento).

Doyle traballou nunha consulta en Southsea entre 1882 e 1890. Antes abrira sen moito éxito un consultorio en Plymouth.[3] En Southsea coñece a que será a súa primeira muller, Louise Touie Hawkins, coa que casou en 1885,[1] e que fora irmá dun dos seus primeiros pacientes. Aínda que en xeral se considera que foi a falta de traballo na clínica o que levou a Doyle a sumerxirse na escrita, Leslie S. Klingler desbota esta teoría, xa que demostrou que o volume de pacientes atendidos na súa consulta medrara ao longo dos anos.[2]

Doyle comezou a escribir nas horas en que esperaba os seus pacientes durante os seus anos en Southsea. As dúas primeiras novelas de Sherlock Holmes que escribiu, Un estudo en escarlata (1887) e O signo dos catro (1889) obtiveron gran popularidade, pero non foi ata a aparición do primeiro relato curto do detective, "Un escándalo en Bohemia", onde o personaxe comezou a instalarse na conciencia colectiva coas proporcións dun mito. Este éxito permitiulle converterse nun escritor a tempo completo á idade de 32 anos, pero pronto se cansou da serie e intentou "matar" a Sherlock Holmes a mans do arquicriminal profesor Moriarty no seu relato "O problema final". Unha multitude de mozos británicas comezou entón a levar crespóns de loito nos chapeus e o autor viuse forzado, por petición popular, a resucitar ao seu heroe dun modo moi enxeñoso. Sherlock Holmes reaparece en "A aventura da casa baleira".

En 1891 múdase a Montague Place, en Londres, e abre unha consulta no número dous de Upper Wimpole Street, pero nesta ocasión a consulta non tiña a demanda que se esperaba.[2] Dous anos despois a súa muller enfermou de tuberculose, polo que a familia decidiu trasladarse a Hindhead, no condado de Surrey, cunhas condicións climáticas máis axeitadas para ela. Arthur coidou dela ata a súa morte, en 1906, pero namorou en 1897 da que sería a súa segunda esposa a partir do ano 1907, Jean Leckie.[2]

En 1912 outra obra, esta vez non protagonizada por Sherlock Holmes, O mundo perdido, gozou tamén de moitísimo éxito, chegando a ser adaptada ao cinema en 1925. En 1914 remataría a última das novelas de Sherlock Holmes, O val do terror. Nese mesmo ano tentou alistarse na fronte para loitar na primeira guerra mundial e, como non o conseguiu, formou unha milicia local con participantes voluntarios.[2]

Tamén continuou a escribir obras xornalísticas, como Our African Winter, que relata a viaxe realizada entre 1928 e 1929. Mesmo escribiu a súa autobiografía, publicada en 1924.[4]

Crenzas no sobrenatural

[editar | editar a fonte]

Varios autores afirman que foi a morte do seu fillo Kingsley na primeira guerra mundial o que o levou a involucrarse no espiritualismo.[1][2] Doyle mantivo ao longo da súa vida un grande interese no ocultismo e foi un seguidor da corrente espiritualista da súa época. En 1916 publicou na revista Light un artigo que provocou moita controversia no que falaba das súas conviccións sobre os espíritos.[5] Chegou a facer xiras mundiais apoiando esta corrente.[2] En 1926 publicou a obra en dous tomos The history of spiritualism e no mesmo ano da súa morte publicou a obra The Edge of The Unknown.[2]

O seu libro The Coming of the Fairies (ca. 1922)[6] contiña unha serie de fotografías de fadas en cuxa veracidade el cría e no que Conan Doyle expuxo as súas teorías sobre estas criaturas. En realidade tratábase dun elaborado engano ao que se coñece como as fadas de Cottingley.

Con motivo do seu falecemento, o 12 de xullo de 1930, houbo unha cerimonia espiritualista multitudinaria no Royal Albert Hall, conducida pola medium Estelle Roberts.[2]

O máis afamado personaxe literario creado por Doyle foi Sherlock Holmes, que protagoniza 62 das súas obras. O chamado Canon Sherlock Holmes está formado por 60 obras, ao quedar fóra del The Field Bazaar (1896) e How Watson Learned the Trick (1924)[7]

Con todo, Doyle sempre preferiu as súas outras obras, especialmente as novelas históricas[8] como Micah Clarke, Sir Nigel e The White Company que, xunto con obras doutra índole, como Brigadier Gerard e O mundo perdido, gozaron de grande éxito de público no seu día.

Canon de Sherlock Holmes

[editar | editar a fonte]

Compilacións de historias

[editar | editar a fonte]
  • As aventuras de Sherlock Holmes (The Adventures of Sherlock Holmes, 1891-92).[13]
    • Escándalo en Bohemia
    • A Liga dos Cabezas Rubias
    • Un caso de identidade
    • O misterio do Val de Boscombe (The Boscombe valley Mystery)[1]
    • As cinco pebidas de laranxa
    • O home do labio torto
    • A aventura do carbúnculo azul
    • A banda pencada (The Adventure of the Speckled Band)[14][15]
    • A aventura do polgar do enxeñeiro
    • A aventura do solteirón aristócrata
    • A aventura do diadema de berilos
    • A aventura da quinta de Copper Beeches
  • As memorias de Sherlock Holmes (Memoirs of Sherlock Holmes, 1892-93)[16].
    • Penca de Prata (Silver Blaze)[17][18]
    • A face amarela (The Adventure of the Yellow Face)[1][19]
    • A aventura do corredor de bolsa
    • A aventura do Gloria Scott
    • O ritual Musgrave (The Musgrave ritual)[1]
    • O enigma de Reigate
    • A aventura do corcovado
    • A aventura do doente internado
    • O intérprete grego. (The Adventure of the Greek Interpreter)[1]
    • A aventura do tratado naval
    • O problema final
  • O regreso de Sherlock Holmes (The Return of Sherlock Holmes, 1903-04).[20]
    • A aventura da casa baleira[21]
    • A aventura do construtor de Norwood[8]
    • O misterio dos bailaríns (The Adventure of the Dancing Men, 1903)[18]
    • A ciclista solitaria
    • A aventura da escola Priory
    • A aventura de Peter Negro
    • O caso de Charles Augustus Milverton
    • Os seis napoleóns
    • Os tres estudantes
    • As lentes de ouro
    • O xogador desaparecido
    • O crime de Abbey Grange
    • A segunda mancha
  • O último adeus (His Last Bow, 1908-17)[22]
    • A aventura da Vila Wisteria. A estraña experiencia de John Scott Eccles
    • O tigre de San Pedro
    • A caixa de cartón
    • Os planos de Bruce-Partington
    • O pé do diaño
    • O círculo vermello
    • A desaparición de lady Frances Carfax
    • O detective agonizante
    • O último adeus
  • O Arquivo de Sherlock Holmes (The case book of Sherlock Holmes, 1924-26)[23]
    • A pedra Mazarino
    • O problema da ponte de Thor
    • O home que andaba ós catro pés.
    • O vampiro de Sussex
    • A aventura dos tres Garridebs
    • O cliente ilustre
    • O soldado esbrancuxado
    • A cabeleira do león
    • O fabricante de cores retirado
    • A inquilina do veo
    • A vella mansión de Shoscombe

As historias do profesor Challenger

[editar | editar a fonte]

George Edward Challenger, o profesor Challenger, foi un personaxe central nunha serie de historias de ficción científica escritas por Sir Arthur Conan Doyle. Apareceu por primeira vez na novela O mundo perdido, que describe unha expedición a unha illada meseta en América do Sur onde criaturas prehistóricas, incluídas dinosauros, continúan vivindo.

  • O mundo perdido (The Lost World, 1912)[24]
  • Área tóxica! (The poison belt, 1913)[25]
  • The Land of Mist (1926). Unha historia sobrenatural na que se reflectían as fortes crenzas no espiritismo de Conan Doyle.

Relatos breves

[editar | editar a fonte]
  • The Disintegration Machine (1927)
  • When the World Screamed (1928)

Traducións galegas

[editar | editar a fonte]

Nos anos oitenta, a editoral Xerais publicou unha serie de traducións galegas das súas obras, dentro da colección de literatura infantil e xuvenil Xabarín, creada en 1983. Os directores da colección foron Luís Mariño e Xose Luís Méndez Ferrín[1]. Gonzalo Navaza, Marisa Méndez Anta e Francisco Bedoya foron responsables da tradución e notas das obras recollidas nesta serie. A recompilación de seis historias titulada Sherlock Holmes, detective volveu ser editada na colección Xabaril en 2003[26]. En 2015 esta colección publicaba tamén a terceira edición de O can dos Baskerville[27].

Nos anos 90, a editorial Galaxia editou nove obras dentro da colección, deseñada por Cristina Belmonte Paccini, Biblioteca Sherlock Holmes.[28] As traducións e notas foron realizadas por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez.

Algunhas das obras protagonizadas por Sherlock Holmes foron publicadas con adaptación a distintos niveis educativos, incluíndo propostas didácticas. Este é o caso das coleccións Aula das Letras e Cucaina, que contan con traducións de Alejandro Tobar.[2][8]

A compilación máis completa é unha obra en dous volumes que inclúe nove bloques no que se inclúe a totalidade do Canon de Sherlock Holmes, publicada en 2013. Esta obra inclúe notas de Xesús Antonio Fraga Sánchez e foi traducida por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez .[29][30]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Bedoya, Francisco; Navaza, Gonzalo (1985). "Introducción". Sherlock Holmes, detective. Biblioteca Sherlock Holmes ; 12. Tradución, introdución e notas: Francisco Bedoya e Gonzalo Navaza. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. pp. 7–18. ISBN 8475071880. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Fraga, Xesús (2013). "Introdución". Sherlock Holmes anotado 1. Morgante. pp. 9–14. ISBN 9788415166467. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Baillie, Elena; Alcalá, Xavier (1986). "Introducción: AUTOR, PERSONAXES E OBRA". Estudio en Escarlata. Xerais. pp. 7–10. 
  4. Memorias e aventuras
  5. Doyle, Arthur Conan (4 novembro 1916). "A New Revelation: Spiritualism and Religion". Light: A Journal of Psychical, Occult, and Mystical Research: 357. 
  6. Doyle, A. Conan. (1922). The coming of the fairies. New York: George H. Doran company.(versión dixitalizada)
  7. "Canon: Stories". The Arthur Conan Doyle Encyclopedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2018. Consultado o 14 marzo 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Doyle, Arthur Conan (n.d.). "A aventura do construtor de Norwood". Dous contos de Sherlock Holmes. Lago Estévez, Sara (tr.). ATG. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  9. Doyle, Arthur Conan (2013). Sherlock Holmes : anotado. Introdución e notas de Xesús Fraga. Cangas do Morrazo [Pontevedra]: Morgante. ISBN 9788415166467. 
  10. Doyle, Arthur Conan (1995). O signo dos catro. Biblioteca Sherlock Holmes ; 2. Tradución, Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880160. 
  11. Doyle, Arthur Conan (2002). O can dos Baskerville. Biblioteca Sherlock Holmes; 6. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez (2ª. ed.). Vigo: Galaxia. ISBN 8482880861. 
  12. Doyle, Arthur Conan (2007). O can dos Baskerville. Xabaril; 2. Tradución e notas, Marisa Méndez Anta e Gonzalo Navaza (1ª. ed.). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-597-9. 
  13. Doyle, Arthur Conan (1995). As aventuras de Sherlock Holmes. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880179. 
  14. "A banda pencada". Antoloxía do relato policial. Aula das Letras. Santamaría, J. e Alonso, P. (eds); Tobar Salazar, Alejandro (trad.); Tha (ilustrador) (1ª. ed.). Barcelona: Vicens-Vives. 2013. pp. 3–44. ISBN 9788468213057. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  15. Na tradución de Bieito Iglesias e Manuela Vázquez (2013) titúlase A aventura da banda de lunares.
  16. Doyle, Arthur Conan (1995). As memorias de Sherlock Holmes. Biblioteca Sherlock Holmes; 4. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880187. 
  17. Na tradución de Bieito Iglesias e Manuel Fraga (2013) titúlase Estrela de Prata.
  18. 18,0 18,1 Doyle, Arthur Conan (2013). O misterio dos bailaríns; Penca de prata. Cucaina ; 12. Tha (ilustrador) ; Tobar Salazar, Alejandro (tr.) ; Jiménez Reinaldo, Jesús (actividades) (1ª. ed.). A Coruña: Vicens Vives. ISBN 9788468213002. 
  19. Doyle, Arthur Conan (1996). A face amarela. Tradución, Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. D.L. VG. 765-1995. 
  20. Doyle, Arthur Conan (1996). O regreso de Sherlock Holmes. Biblioteca Sherlock Holmes; 5. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482880845. 
  21. Doyle, Arthur Conan (n.d.). "A aventura construtor de Norwood". Dous contos de Sherlock Holmes. Lago Estévez, Sara (trad.). ATG. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  22. Doyle, Arthur Conan (1997). O último adeus. Biblioteca Sherlock Holmes ; 8. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482881191. 
  23. Doyle, Arthur Conan (1997). O arquivo de Sherlock Holmes. Biblioteca Sherlock Holmes; 9. Tradución Bieito Iglesias, Manuel Vázquez. Vigo: Galaxia. ISBN 8482881361. 
  24. Doyle, Arthur Conan (1997). O mundo perdido. Tradución Luis Iglesias Rábade. (1a. ed.). Santiago de Compostela: Edicions Positivas. ISBN 8487783473. 
  25. Doyle, Arthur Conan (2016). Área tóxica!. González Ahola, Tomás ; tr. Urco. ISBN 978-84-15699-77-4. 
  26. Álvarez Pérez, Mónica (15 xaneiro 2014). "Edicións Xerais reedita os relatos de Sherlock Holmes". elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 12 marzo 2018. 
  27. "Sherlock Holmes. O can dos Baskerville". Base de datos de libros editados en España. ISBN 978-84-9782-597-9. Consultado o 14 marzo 2018. 
  28. "Obra completa". Base de datos de libros editados en España. ISBN 978-84-8288-050-1. Consultado o 14 marzo 2018. 
  29. Volume I: Un estudo en escarlata; O signo dos catro; As aventuras de Sherlock Holmes; As memorias de Sherlock Holmes. Volume 2: O regreso de Sherlock Holmes; O arquivo de Sherlock Holmes; O can dos Baskerville; O val do terror; O seu último adeus
  30. Doyle, Arthur Conan (2013). Fraga Sánchez, Xesús Antonio, ed. Sherlock Holmes anotado. Iglesias, Bieito, tr.; Iglesias, Bieito, tr.; Guitián, Alberto, il.; Paget, Sidney, il. Morgante. ISBN 978-84-15166-46-7. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Sherlock Holmes

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy