Saltar ao contido

Avetarda grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avetarda grande
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Otididae
Xénero: Otis
Linnaeus, 1758
Especie: O. tarda
Nome binomial
'Otis tarda'
Linnaeus, 1758
Distribución da O. tarda      Residente      Verán      Inverno
Distribución da O. tarda      Residente      Verán      Inverno

Distribución da O. tarda

     Residente      Verán

     Inverno
Otis tarda

A avetarda grande,[2] comunmente avetarda[3] (Otis tarda) é unha ave zancuda do sur e centro de Europa e da Asia temperada. As poboacións europeas(Otis tarda tarda) non emigran, pero as asiáticas (Otis tarda dybowskii) móvense ao sur no inverno.

É unha especie en perigo debido á mecanización das rexións agrícolas, vive en zonas áridas.

O macho mide 1 m de longo e ten 2'4 m de envergadura, pode pesar ata 16 kg, considérase a ave de maior peso de Europa, ten a plumaxe parda avermellada con manchas negras. A femia é un 30% máis pequena e pesa a metade.

Aliméntase de herba e suplementariamente de insectos, ratos, ovos e vermes.

As principais poboacións están en España (15.000), Rusia (10.000), Hungría (1.200), Ucraína (550), Portugal (500), Austria (100), Alemaña (90) e Marrocos (50). En Galicia, actualmente, só se ve esporadicamente nas provincias de Ourense e Lugo.

As poboacións de avetarda asiática distribúense entre o sur de Rusia (200) e Mongolia (500)

  1. BirdLife International (2013). "Otis tarda". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avetarda.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy