Saltar ao contido

BMO Harris Bradley Center

BMO Harris Bradley Center
Entrada nordeste do BMO Harris Bradley Center
Datos
Coordenadas43°02′37″N 87°55′01″O / 43.043611111111, -87.916944444444
Localización Milwaukee, Wisconsin
Construción
Inauguración1 de outubro de 1988
ArquitectoPopulous
Custo$90 millóns USD
Estadio
CapacidadeBaloncesto: 18 717
Hóckey sobre xeo: 17 845
PropietarioBradley Center Sports and Entertainment Corporation
LocalíaMilwaukee Bucks (NBA)
Marquette University (NCAA)
Milwaukee Admirals (AHL)
Milwaukee Iron (AFL)
Webhttps://www.bmoharrisbradleycenter.com/
Eventos
Frozen Four da NCAA (1993, 1997, 2006)
editar datos en Wikidata ]

O BMO Harris Bradley Center é un pavillón multiúsos que se atopa na localidade estadounidense de Milwaukee, no estado de Wisconsin. É a cancha de xogo dos Milwaukee Bucks da NBA, os Milwaukee Admirals da AHL e o equipo masculino dos Marquette Golden Eagles, da Universidade de Marquette.

O pavillón terminouse de construír en 1988, cun custo total de 90 millóns de dólares. Veu a substituír ao MECCA Arena (actualmente denominado O.S. Cellular Area), que foi construído en 1950. Foi un agasallo ao Estado de Wisconsin por parte dos filántropos Jane Pettit e Lloyd Pettit en memoria do pai de Jane, Harry Lynde Bradley. Na actualidade é o terceiro estadio máis vello dos que actualmente albergan partidos da NBA, por detrás do Madison Square Garden e do Continental Airlines Area.

A construción dun novo estadio de última xeración foi proposto polo dono dos Bucks, o Senador Herb Kohl, mais a reacción da comunidade para a construción deste novo recinto con fondos públicos foi maiormente negativa. En 2009, o gobernador de Wisconsin Jim Doyle incluíu unha disposición nos orzamentos da capital buscando 5 millóns de dólares do estado para renovar o Bradley Center. Con todo, os directores do Bradley Center dixeron aos funcionarios estatais que o pavillón necesitaría 23 millóns de dólares en renovacións, polo que accedeu a aumentar os restantes 18 millóns pola súa conta.

O 21 de maio de 2012, o propietario Herb Kohl e representantes do BMO Harris Bank anunciaron que o banco adquiriu oficialmente os dereitos do nome do Bradley Center, pasándose a chamar "BMO Harris Bradley Center".[1]

Capacidade

[editar | editar a fonte]

O pavillón ten unha capacidade de 20 000 persoas para concertos, 18 717 para partidos da NBA, 19 000 para partidos universitarios e 17 845 para o hóckey sobre xeo.

O Bradley Center albergou a frozen four (o equivalente á final four de baloncesto) da competición de hóckey sobre xeo da NCAA en 3 ocasións, en 1993, 1997 e 2006. Ademais, nel disputáronse numerosas veladas de Wrestling (loita libre profesional).

  1. Walker, Don (21 de maio de 2012). "Naming Rights for Bradley Center Sold to BMO Harris". Milwaukee Journal Sentinel. Consultado o 21 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy