Saltar ao contido

Banc Sabadell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do Banc Sabadell

O Banc Sabadell é unha entidade bancaria española, con sede na cidade de Alacant. Fundado en 1881, actualmente[cando?] está considerado o cuarto grupo bancario de España. Cotiza na Bolsa de Madrid (SAB) e forma parte do índice IBEX 35.

Marcas comerciais

[editar | editar a fonte]

A súa rede comercial alcanzou en outubro de 2007 as 1 196 oficinas pertencentes á diversas marcas baixo as que opera a entidade:

  • Sabadell Atlántico, marca principal do grupo con implantación en gran parte de España.
  • Solbank, marca especializada no negocio de estranxeiros residentes en España.
  • Banco Herrero, implantada en Asturias e León.
  • Banco Urquijo, orientada á banca privada.
  • Activobank, marca multicanal especializada na xestión de activos e investimentos.

SabadellGallego

[editar | editar a fonte]

SabadellGallego é a marca coa que opera Banco Sabadell en Galiza trala adquisición do Banco Gallego por parte do Banco Sabadell. O SabadellGallego adícase á banca comercial para particulares e empresas.

O 17 de abril do 2013, Banco Sabadell adquiriu o Banco Gallego ó FROB.[1]

O 28 de outubro do 2013, culminou o proceso de compra,[2] e ese mesmo día púxose en marcha a marca comercial SabadellGallego.

O 21 de novembro do 2013, o consello de administración do Banco Sabadell aprobou a fusión por absorción do Banco Gallego.[3]

Entre o 14 e o 16 de marzo do 2014, produciuse a plena integración do Banco Gallego no Banco Sabadell coa unificación dos sistemas operativos e tecnolóxicos e o cambio da marca. As oficinas do Banco Gallego en Galiza, que foron renomeadas coa marca SabadellGallego, integráronse á plataforma tecnolóxica do grupo Banco Sabadell. Por outra banda, as 28 oficinas do banco que aínda operaban coa marca de SabadellAtlántico na comunidade galega pasaron a denominarse SabadellGallego. A rede do Banco Gallego localizada fóra de Galiza integrouse coa marca SabadellAtlántico,[4] agás nas provincias onde operaba coas marcas SabadellHerrero ou SabadellGuipuzcoano, onde adquiriron devanditas denominacións.

En xullo do 2015, anunciouse que Banco Sabadell decidira unificar as súas marcas territoriais baixo o nome 'Sabadell'. En agosto, comezarían a desenvolverse as modificacións de rotulación nas oficinas coas marcas SabadellAtlántico e SabadellCAM. SabadellHerrero, SabadellGuipuzcoano e SabadellGallego pasarán a adoptar tamén a nova denominación no futuro. SabadellUrquijo e SabadellSolbank mantenránse.[5] Desta modificación non se sabe aínda nada a día de hoxe[cando?], xa que a marca SabadellGallego segue a operar con normalidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy