Saltar ao contido

Bandeira de San Vicente e as Granadinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de San Vicente e as Granadinas
Bandeira de San Vicente e as Granadinas
Características
Uso
Proporción7:11
Adopción21 de outubro de 1985
Cores     Amarelo     Verde     Azul

A bandeira de San Vicente e as Granadinas foi adoptada o 21 de outubro de 1985. É unha bandeira composta por tres franxas verticais de cor azul (a máis próxima ó mastro), amarela (a central) e verde (a exterior). A franxa amarela é de dobre anchura respecto ás outras dúas e contén, na súa parte central a letra V, formada con tres rombos ou diamantes verdes, dous situados nos extremos e o terceiro no centro.

Os rombos ou diamantes verdes forman a letra V, inicial de San Vicente que dá nome ó país. A cor verde representa a vexetación exuberante de San Vicente e a permanente vitalidade da súa poboación. Esta cor tamén alude ó termo que define a San Vincente e as Granadinas como "as xemas das Antillas". A cor azul simboliza o ceo e o mar que rodea as illas. O amarelo representa a cordialidade, o espírito alegre dos seus habitantes e as douradas praias das Granadinas.

A bandeira de San Vicente e as Granadinas tamén é coñecida polo nome de “as xemas”.

Outras bandeiras

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy