Saltar ao contido

Batalla de Cable Street

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Placa conmemorativa
Placa conmemorativa.

A batalla de Cable Street foi un enfrontamento que tivo lugar en Londres o 4 de outubro de 1936 entre fascistas e antifascistas.

En 1936, apoiada por diarios de gran tiraxe, a British Union of Fascists chegou a acadar os 50 000 membros. Fronte a eles, arredor do Jewish People’s Council Against Fascism and Antisemitism uníronse diferentes colectivos de diversas etnias, crenzas relixiosas e ideoloxías de esquerda que se vían atacados. creando unha fronte antifascista no East End, zona oriental de Londres habitada por sente de diversas procedencias e de clase obreira.[1]

En Cable Street tivo lugar un enfrontamento o 4 de outubro de 1936, que supuxo o inicio da caída da British Union of Fascists. Alí, liderados por Oswald Mosley e á vista da evolución política cara a unha ditadura fascista en Alemaña e Italia e o golpe de Estado en España, organizaron unha marcha para consolidarse como forza social hexemónica. Máis de 5000 fascistas enfrontáronse a máis de 300 000 antifascistas, sendo derrotados por estes, con consignas como o 'non pasarán' da defensa de Madrid. Meses máis tarde o goberno británico publicou a Public Order Act 1936, que dificultou as mobilizacións violentas.

En homenaxe á batalla de Cable Street existe un mural na mesma rúa.

  1. "Racismo y fake news: el alzamiento de la ultraderecha en el Reino Unido". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-08-07. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy