Saltar ao contido

Batalla de Cannas (216 a.C.)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla de Cannas foi un triunfo militar cartaxinés acontecido no ano 216 antes de Xesucristo, durante a Segunda guerra púnica, que enfrontou ó exército cartaxinés comandado por Haníbal, e ó exército romano, comandado polos cónsules Caio Terencio Varrón e Paulo Emilio.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O exército romano era moi superior ó cartaxinés (80 000 romanos contra de 20 000 a 40 000 cartaxineses). Haníbal, coñecedor da súa desvantaxe, apostouse nun outeiro, formando unha xigantesca liña convexa, coa súa infantaría africana (a mellor parte do seu exército) no centro, e cos mercenarios galos e iberos nos flancos.

Aínda que a infantaría cartaxinesa era moi inferior á romana, a súa cabalaría era superior, pois contaba con bos xinetes cartaxineses e pola cabalaría númida, e Haníbal enviouna para flanquear ó adversario.

A cabalaría romana enfrontouse coa cartaxinesa, e resultou perdedora e fuxiu. A cabalaría cartaxinesa dispúxose a perseguir á romana en retirada.

Pola súa banda, a infantaría cartaxinesa aproveitou a situación. Tanto o vento coma o sol estaban ó seu favor, e os arqueiros romanos non puideron disparar contra eles. A infantaría romana tivo que avanzar, topándose cunha férrea defensa cartaxinesa.

Tras un tempo loitando ambos exércitos, volveu a cabalaría cartaxinesa de perseguir ó inimigo, a cal cargou contra os romanos polas costas das súas formacións, pillándoos a dous fogos e esnaquizándoos.

Os romanos fuxiron, deixando ó atardecer 50 000 baixas (dos cales 10 000 foron feitos prisioneiros). Tras este triunfo Roma actuou con cautela, conseguindo tras enormes esforzos a vitoria final sobre Cartago.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy