Belinda (lúa)
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Voyager 2 Stephen P. Synnott |
Descuberta en | 13 de xaneiro do 1986 |
Características orbitais | |
Raio orbital medio | 75.255,613 ± 0,057 km[1] |
Excentricidade | 0,00007 ± 0,000073[1] |
Período orbital | 0,623527470 ± 0,000000017 d[1] |
Inclinación | 0,03063 ± 0,028° (respecto do ecuador de Urano)[1] |
é satélite de | Urano |
Características físicas | |
Dimensións | 128 × 64 × 64 kms[2] |
Raio medio | 40,3 ± 8 kms[2][3][4] |
Área superficial | ~25.000 km²[5] |
Volume | ~380.000 km³[5] |
Masa | ~3,6 x 1017 kg[5] |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada)[3] |
Gravidade superficial | ~0,014 m/s2[5] |
Velocidade de escape | ~0,034 km/s[5] |
Período de rotación | sincrónica[2] |
Oblicuidade da eclíptica | cero[2] |
Albedo | 0,08 ± 0,01[6] |
Temperatura superficial | ~64 K[5] |
Belinda é un satélite interior de Urano. Belinda foi descuberta a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 13 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 5.[7] Foi máis tarde bautizada co nome da heroína do poema de Alexander Pope, The Rape of the Lock. Tamén é coñecida coma Urano XIV.[8]
Belinda pertence ó grupo de satélites Portia, o cal inclúe a Bianca, Crésida, Desdémona, Portia, Xulieta, Cupido, Rosalinda e Perdita.[6] Estes satélites teñen características orbitais e propiedades fotométricas semellantes.[6] Por desgraza, a parte da súa órbita,[1] o seu raio de 45 km[2] e ó seu albedo xeométrico de 0,08[6], pouco máis se sabe deste astro.
As imaxes da Voyager 2 amosan a Belinda coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara Urano. A lúa é moi alargada, cun eixo menor de 0,5 ± 0,1 veces o tamaño do eixo maior.[2] A súa superficie é de cor gris.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jacobson; R.A. (1998). "The Orbits of the Inner Uranian Satellites From Hubble Space Telescope and Voyager2 Observations". The Astronomical Journal 115: 1195–1199. doi:10.1086/300263.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Erich Karkoschka (2001). "Voyager's Eleventh Discovery of a Satellite of Uranus and Photometry and the First Size Measurements of Nine Satellites". Icarus 151: 69–77. doi:10.1006/icar.2001.6597.
- ↑ 3,0 3,1 JPL (Solar System Dynamics) (24 de outubro do 2008). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 12-12-2008.
- ↑ Williams, Dr. David R. (23-11-2007). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Uranian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 18-01-2010. Consultado o 12-12-2008.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Calculado en base a outros parámetros
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Erich Karkoschka (2001). "Comprehensive Photometry of the Rings and 16 Satellites of Uranus with the Hubble Space Telescope". Icarus 151: 51–68. doi:10.1006/icar.2001.6596.
- ↑ Smith; B. A. (16 de xaneiro do 1986). "IAU Circular No. 4164". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2007. Consultado o 6 de agosto do 2006.
- ↑ USGS Astrogeology, ed. (21 de xullo do 2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 6 de agosto do 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Belinda Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 08 de xuño de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard) (en inglés)