Saltar ao contido

Belisario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBelisario

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Φλάβιος Βελισάριος
(la) Flavius Belisarius Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 505 Editar o valor en Wikidata
Sapareva Banya (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Mortec. marzo de 565 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Calcedônia (Imperio Bizantino) Editar o valor en Wikidata
Senador romano
Magister militum
Estratego
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, oficial, militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade tardía Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército bizantino Editar o valor en Wikidata
Rango militarMagister militum Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra Ibérica (pt) Traducir
Guerra Vándala
Guerra gótica
Revolta de Nika (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAntonina Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4930975

Belisario, nado cara o 505 e finado en marzo de 565, foi un dos xenerais máis destacados da historia de Bizancio e o principal protagonista militar da expansión que, durante o reinado de Xustiniano I, experimentou o Imperio Bizantino sobre o Mediterráneo occidental, por encima doutras importantes figuras como o xeneral Narsés.

Belisario, por Jacques-Louis David (1781)

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus primeiros éxitos bélicos viñeron na guerra contra os persas (aos que forzou a asinar unha "Paz Eterna" logo de décadas de guerra en Oriente Próximo) e ao sufocar unha sublevación en Constantinopla que ameazaba con derrocar ao emperador Xustiniano, entre os anos 530 e 532. A continuación, ao mando de 15 000 homes, conquistou o reino vándalo de África do norte e apreixou ao seu último rei, Xelimero. Desde o norte de África tomou Sicilia e pasou a Italia, núcleo do reino ostrogodo, onde iniciaría unha ascensión cara ao norte, ocupando Rávena no 539 e apresando ao rei Vitixes.

Nunha segunda expedición, no ano 548, conquistará Roma, a cal permanecerá en poder de Bizancio durante algunhas décadas. Ao seu regreso definitivo a Constantinopla recibiu o título de "magister militum per Oriente" e nese cargou ocupouse de defender a capital do Imperio fronte ao ataque duns invasores que as fontes bizantinas definen como hunos no ano 559 (en realidade tratábase dunha coalición de pobos eslavos entre os que destacaban os recentemente chegados búlgaros desde a actual Rusia).

No 562 foi acusado de participar nunha conspiración contra Xustiniano polo que foi encarcerado, pero foi liberado ao ano seguinte. Unha lenda, demostrada como falsa, afirma que Xustiniano ordenou deixalo cego. Faleceu en 565, pobre pero en paz.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy