Saltar ao contido

Biblioteca Ánxel Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Ánxel Casal

A Biblioteca Ánxel Casal é unha biblioteca pública da cidade de Santiago de Compostela, en Galicia. Está situada nun edificio de nova construción, cunha superficie de 5.000 m2. En 2010 contaba cunha colección de 90.000 títulos, a meirande parte deles de libre acceso, e un total de 418 postos de lectura.

É unha das bibliotecas nodais das seis que se integran na Rede de Bibliotecas de Galicia.

O nome da biblioteca provén de Ánxel Casal, antigo alcalde da cidade e fundador da Editorial Nós[1]

A biblioteca conta cunha completa hemeroteca, unha comiteca, un fondo local con documentos pertencentes a Santiago de Compostela e ao Camiño de Santiago, unha biblioteca infantil e unha videoteca, ademais dunha sala de lectura con 180 postos e un salón de actos onde se realizan todo tipo de actividades.[2]

Entre os servizos que proporciona:

  • consulta en sala de todos os documentos (en calquera soporte)
  • préstamo (individual, colectivo e interbibliotecario) e autopréstamo
  • préstamo de e-readers e libros electrónicos, e ordenadores portátiles
  • información e referencia
  • formación de usuarios
  • biblioteca accesíbel (para discapacitados)
  • reserva de salas
  • consulta de Internet (36 postos e Wi-Fi libre en toda a biblioteca)
  • 15 OPACs web ou Catálogo en liña
  • reprografía, escáner,...[3]
  1. "Anxel Casal Gosenxe". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 3 de abril. 
  2. "Instalacións". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2011. Consultado o 3 de abril. 
  3. "Servizos". Consultado o 2 de abril. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy