Saltar ao contido

BitTorrent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

BitTorrent é un protocolo de distribución de arquivos e ficheiros por Internet entre parceiros[1] (peer to peer ou P2P). Bram Cohen, antigo estudante da Universidade de Buffalo[2], deseñou o protocolo en abril de 2001 e publicouno o 2 de xullo dese ano[3], facéndose coñecida na CodeCon de 2002 en San Francisco[4]. A versión máis recente é de 2013[5]. A primeira ferramenta que implementou tal protocolo foi escrita en Python e está publicada baixo a licenza MIT. As aplicacións populares de BitTorrent de arestora inclúen a Transmission e Deluge.

The Pirate Bay, un dos buscadores torrent máis empregados.

BitTorrent gañou a súa fama ao permitir que moita xente descargase os mesmos arquivos sen ver diminuída a velocidade de transferencia. Isto conséguese grazas a que todos os parceiros, ou usuarios que descargan arquivos ou ficheiros, comparten as partes que xa teñen dos arquivos cos demais parceiros. Cada parceiro forma parte dun enxame e contribúe á distribución do contido.

Aplicacións

[editar | editar a fonte]

As aplicacións libres máis empregadas son[6]:

  1. Segundo a RAG, persoa que ten unha en propiedade común con outras persoas, e que empregan e comparten por igual.
  2. "UB Engineering Tweeter". University at Buffalo's School of Engineering and Applied Sciences. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. 
  3. Cohen, Bram (2 de xullo de 2001). "BitTorrent – a new P2P app". Yahoo eGroups. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  4. Sammes, A. J. (2009). From P2P and Grids to Services on the Web. Computer Communications and Networks. Ian J. Taylor, Andrew B. Harrison (eds.). London: Springer London. ISBN 978-1-84800-122-0. Consultado o 2016-12-29. 
  5. Cohen, Bram (Outubro de 2002). "BitTorrent Protocol 1.0". BitTorrent.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de abril de 2013. 
  6. www.techradar.com (17 de decembro de 2016). "The best free torrent client 2016". Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  7. "Deluge Torrent". deluge-torrent.org. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  8. "KTorrent". www.kde.org/applications/internet/ktorrent/. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  9. "qBittorrent". qbittorrent.org. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  10. "Transmission". transmissionbt.com. Consultado o 29 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy