Saltar ao contido

Blizzard Entertainment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Blizzard Entertainment
Logo
Tipodesenvolvedora de videoxogos e distribuidora de videoxogos
Data de fundación8 de febreiro de 1991
Fundador(es)Mike Morhaime
Nomeado en referencia axistra
Director/aMike Ybarra, Jen Oneal e J. Allen Brack
Nº de empregados13.000 (2022) Editar o valor en Wikidata
Eventos/ActividadesBlizzard Entertainment 2012 data breach
Organización matrizActivision Blizzard
Organización subsidiariaVicarious Visions e Proletariat
PremiosBigBrotherAwards
SedeIrvine
EnIrvine
PaísEstados Unidos de América
33°39′30″N 117°46′04″O / 33.658432368516, -117.7676644023
Na rede
https://www.blizzard.com/de-de/, https://www.blizzard.com/en-us/ e https://www.blizzard.com/en-gb/
IMDB: co0075607 Facebook: Blizzard Twitter: Blizzard_Ent Twitch: Blizzard Musicbrainz: bfddd1ef-2989-489c-800c-1f12248b6d4d Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Logo de Blizzard Entertainment.

Blizzard Entertainment é unha empresa dedicada á creación de videoxogos radicada en Irvine (California). Tamén administra un servizo gratuíto de xogo a través de Internet chamado Battle.net.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Sede de Blizzard Entertainment en California.

En 2004 a compañía nai Vivendi Universal Games, a distribuidora de Blizzard Entertainment, despediu a 348 empregados en Norte América. En decembro de 2007 Vivendi Universal fusionouse con Activision, outra empresa de videoxogos, de xeito que apareceu a nova compañía, Activision Blizzard.[1][2]

Blizzard Entertainment tivo varios propietarios dende a súa creación. En 1991, baixo o nome de Silicon & Synapse, tiña como propietario e fundador a Allen Adham. Máis tarde, en 1994, Silicon & Synapse foi mercada pola distribuidora Davidson & Associates, que despois cambiou o nome da empresa a Blizzard Entertainment Inc. Máis tarde, en 1996, Davidson foi adquirida por CUC, que á súa vez se fusionou con HFS Corporation en 1997 para formar Cendant Software.

Por problemas de fraude, Blizzard foi vendida a Havas en 1998 e finalmente a Vivendi. Ante as pretensións de Vivendi de poñer á venda Blizzard, Erich Schaefer, Max Schaefer, David Brevik e Bill Roper, pesos pesados dentro de Blizzard, remitiron unha carta a Vivendi pedindo explicacións sobre o futuro da empresa, coa ameaza de abandonala. Ante o silencio de Vivendi finalmente deixaron a empresa en xullo de 2003.

En 2007 Vivendi adquiriu Activision e en 2008 creou a filial "Activision-Blizzard"

Bill Roper, actual responsable de Flagship Studios, era o vicepresidente de Blizzard, e o pai da saga Diablo. Ademais prestou a súa voz na narración da versión inglesa da saga Warcraft, realizando ademais a locución dos footman das tres versións existentes.

Actividade

[editar | editar a fonte]

Desde o lanzamento de Warcraft: Orcs & Humans en 1994 os xogos que comercializaron tiveron un grande éxito debido ó seu acabado, ó seu soporte técnico, a súa adaptación a Mac OS X e as súas innovacións conceptuais. De acordo coa súa política de calidade, Blizzard Entertainment cancelou unha das súas creacións: a aventura gráfica baseada no mundo de Warcraft, Warcraft Adventures: Lord of the Clans. Igualmente en 2006 foi detido o proxecto Starcraft: Ghost que levaba varios anos en desenvolvemento. Blizzard argumentou que estaba sendo desenvolvido para as consolas (PlayStation 2, GameCube e Xbox), e ante a chegada da nova xeración de plataformas (PlayStation 3 e Xbox 360) o xogo quedara algo desfasado. Finalmente anunciaron que Ghost sería posposto para posteriores datas. Tamén en 2006 anunciouse o desenvolvemento da expansión de World of Warcraft, World of Warcraft: The Burning Crusade.

En 2007 Blizzard fixo público o desenvolvemento de StarCraft II. Ademais está traballando na nova expansión do World of Warcraft, World of Warcraft: Wrath of the Lich King.

O 28 de xuño de 2008, durante a Worldwide Invitational en París, Blizzard anunciou a terceira entrega da serie Diablo.[3]

  1. "VIVENDI AND ACTIVISION TO CREATE ACTIVISION BLIZZARD – WORLD'S LARGEST, MOST PROFITABLE PURE-PLAY VIDEO GAME PUBLISHER". blizzard.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2008. Consultado o 24 de abril de 2009. 
  2. "Activision y Vivendi consuman su acuerdo económico". meristation.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009. 
  3. "Diablo III, StarCraft II y WoW: The Wrath of Lich King, en imágenes". meristation.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy