Saltar ao contido

Bob Woodward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBob Woodward

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Upshur Woodward Editar o valor en Wikidata
26 de marzo de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Geneva, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónYale College (en) Traducir (–1965)
Wheaton Warrenville South High School (en) Traducir
Universidade George Washington
Ezra Stiles College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorThe Washington Post Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
PaiAlfred E. Woodward Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webbobwoodward.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0940124 Facebook: realBobWoodward Twitter: realBobWoodward Instagram: realbobwoodward TED: bob_woodward BNE: XX825863 Musicbrainz: df10a05a-9bb1-4a05-80dc-e427c088b692 Editar o valor en Wikidata

Robert Upshur "Bob" Woodward, nado en Geneva (Illinois) o 26 de marzo de 1943, é un xornalista investigación estadounidense. A súa fama chegou cando axudou a desvelar o escándalo Watergate, que derivou na dimisión do presidente Richard Nixon. Aínda que devandita tarefa foi realizada xunto con Carl Bernstein, ambos reporteiros de The Washington Post, Woodward tiña o contacto con "Gorxa Profunda".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse na universidade Yale en 1965 e serviu cinco anos como oficial de comunicacións na Mariña dos Estados Unidos,[1] antes de comezar a traballar como xornalista no Montgomery County Sentinel, en Maryland. Alí estivo un ano de reporteiro antes de pasar ao The Washington Post.

No xornal tivo como director a Ben Bradlee, de quen recibiu as indicacións para tratar as revelacións de "Gorxa Profunda" sobre Richard Nixon; con elas armou unha serie de notas que desataron o maior escándalo do país, o Watergate, nome do edificio onde estaban as oficinas do Partido Demócrata, en que un grupo de espías colocou micrófonos o 28 de maio de 1972 e o 17 de xuño, en que foron capturados. A pesar de que cinco días despois o presidente saíu a negar que alguén da Casa Branca tivese relación co caso, Woodward e o seu colega Carl Bernstein investigaron o caso para The Washington Post. Nese diario publicaron o 1 de agosto de 1972 que os espías foran pagados con fondos do Comité para a Reelección do Presidente.

As notas xornalísticas ían por diante da investigación do Comité Ervin do Senado e desta forma o prestixio dos xornalistas creceu ata que as súas denuncias, xunto coa acción das institucións, terminaron de cercar o presidente e forzaron a súa renuncia en agosto de 1974. Polo Watergate, coescribiu dous libros; o primeiro foi adaptado ao cinema como Tódolos homes do presidente, con Robert Redford e Dustin Hoffman interpretando a Woodward e Bernstein.

Polas súas investigacións, Woodward e Bernstein recibiron o premio Pulitzer en 1973.[2]

Logo de gañar o Pulitzer continuou como xornalista estrela do xornal e en 1982 chegou a ser director editorial adxunto de noticias de investigación. Dedicouse ademais a escribir, investigando sectores clave do poder e da cultura dos Estados Unidos: a Corte de Xustiza, a Casa Branca, Hollywood, Wall Street, a CIA e as guerras posteriores ao 11 de setembro. Revisitou o caso Watergate con dous libros máis contra 1999 e 2005, á morte de Nixon e trala confesión de "Garganta Profunda".

Woodward escribiu ou coescribiu trece libros que chegaron ao número un dos libros máis vendidos de non ficción nos Estados Unidos.[3]

  1. "Bob Woodward: American Journalist and Author". Encyclopedia Brittanica. 
  2. James Thomas Flexner. "The Pulitzer Prizes | Awards". Pulitzer.org. Consultado o 7 de marzo de 2010. 
  3. Stevens, Matt; Bailey, Jason M. (30 de xullo de 2018). "Bob Woodward's New Book Will Detail 'Harrowing Life' Inside Trump White House". Consultado o 4 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy