Saltar ao contido

British Board of Film Classification

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo do British Board of Film Classification.

O British Board of Film Classification («Consello Británico de Clasificación de Filmes», coñecido tamén polas súas siglas BBFC), é a organización responsable da clasificación e censura de filmes, vídeos e algúns videoxogos (por exemplo a saga GTA) dentro do Reino Unido.

A BBFC foi instaurada en 1912 como a British Board of Film Censors pola industria cinematográfica (quen preferiría rexentar a súa propia censura que ter un goberno local ou nacional que o fixese por eles). As bases legais sobre as cales operaba, eran as da Lei do cinematógrafo de 1909, que requiría que os cinemas fosen autorizados por autoridades locais. A Lei foi posta en práctica de acordo ás inquedanzas sobre seguridade, consecuentes de varios incendios en escenarios non axeitados. Isto determinou que o criterio para conceder ou rexeitar un permiso, non había que ser restrinxido por cuestións de saúde e seguridade. Dado que a lei agora permitía concilios para conferir ou negar licenzas ós cinemas segundo o contido dos filmes, puxeron en evidencia que a Lei 1909 consecuentemente, habilitáballes a introdución de censura. A industria cinematográfica temeu polas consecuencias económicas dunha infraestrutura censuradora sen regulación. Por conseguinte estabeleceu a BBFC a fin de tomar o proceso 'internamente' e estabelecer o seu propio sistema de autorregulación.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy