Saltar ao contido

British Film Institute

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imax de Londres do BFI.

O British Filme Institute (BFI) (galego: Instituto de Cinema Británico) é unha organización sen fins de lucro, estabelecida por Decreto Real para alentar o desenvolvemento das artes do cinema, a televisión e a imaxe en movemento en todo o Reino Unido. Está financiado polo Departamento para a Cultura, Medios de Comunicación e Deporte.[1]

O BFI foi fundado en 1933.[2] A pesar da súa fundación resultado dunha recomendación nunha reportaxe sobre o Cinema na vida nacional, nese tempo o instituto era unha compañía privada, aínda que recibiu cartos públicos ó longo da súa historia, como ser do Consello Privado e de Tesouraría dende 1965 e os varios departamentos de cultura dende entón.

O instituto foi reestruturado seguindo o Informe Radcliffe de 1948, o cal recomendou que se debería concentrar en desenvolver a apreciación da arte fílmica, no canto de crear cinema el mesmo. Polo tanto o control da produción de cinema educativo pasou ó Comité Nacional para a Asistencia Visual en Educación e a Academia Británica de Cine asumiu o control para promover a produción. Dende 1952 até 2000, o BFI proveu de fondos a cineastas novos e experimentais vía a Xunta de Produción do BFI.

O instituto recibiu un Decreto Real en 1983. Este foi actualizado o 2000, mesmo ano en que o recentemente estabelecido Consello de Cine do RU asumiu a responsabilidade de prover a subvención anual do BFI (un subsidio do goberno). Como organización caritativa independente, o BFI é regulado pola Comisión de Caridade e o Consello Privado.

  1. Government of the United Kingdom (ed.). "British Film Institute". 
  2. Government of the United Kingdom (ed.). "British Film Institute – GOV.UK". Consultado o 24 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy