Bruxa
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo bruxa pódese referir:
Esoterismo
[editar | editar a fonte]- Bruxa, muller con coñecementos de medicina natural e que se supón que ten poderes sobrenaturais, que adiviña o porvir, realiza curacións etc. Bruxa, balura, feiticeira, maga.
- Meiga, muller á que se lle atribuía un pauto co demo, do que recibía poderes para realizar meigallos, adiviñar o futuro etc. Bruxa.
- Bruxaría, conxunto de coñecementos e prácticas máxicas ou sobrenaturais propias dos bruxos e das bruxas, meigaría.
- Caza de bruxas, procura de bruxos, bruxas, ou meigas, que levaba a acusar á persoa afectada de bruxaría, a un xuízo e finalmente a unha condena.
- Bruxas de Samlesbury, foron tres mulleres da vila de Samlesbury en Lancashire —Jane Southworth, Jennet Bierley e mais Ellen Bierley—, acusadas por unha rapaza de 14 anos, Grace Sowerbutts, de practicar bruxaría.
- Bruxas de Villanúa, fai referencia ás mulleres condenadas e axustizadas na vila aragonesa de Villanúa.
- Bruxas de Zugarramurdi, fai referencia ao caso máis sonado da historia da bruxaría vasca na vila do Pireneo navarro de Zugarramurdi en novembro de 1610, onde mataron 18 mulleres.
- Caza de bruxas de Galicia, fai referencia aos máis de noventa procesos da Inquisición de Galicia a mulleres, case sempre curandeiras ou mesmo alleas a estas prácticas, que foron denunciadas por simples cobizas entre a veciñanza e condenadas a morte. Os únicos casos de queima colectiva de bruxas, como os de Laxe e Cangas, foron interrompidos pola intervención do Consello Xeral da Inquisición para evitar epidemias semellantes ás de Logroño e Zugarramundi.
- Bruxas de Cangas e María Soliño, mulleres acusadas de bruxaría e condenadas pola Inquisición en Cangas entre 1619 e 1628, en realidade vítimas dunha invención dos inquisidores, caza de bruxas.
- María Soliño, muller galega de Cangas, acusada de bruxaría en 1617. Foi, xunto con outras compañeiras, encarcerada e torturada; disque non foi queimada viva, senón a tolemia e a fame acabaron coa súa vida.
- A Mangallona, muller galega de Coiro (Cangas), acusada de bruxaría en 1617. Dique seguía a aparecerse aos veciños trala súa morte.
- Bruxas de Laxe, mulleres acusadas de bruxaría e condenadas pola Inquisición en Laxe.
- Ana de Castro, muller galega veciña da Armenteira (Meis) procesada por bruxaría e por ter pauto co demo en 1626, foi torturada e desterrada de Galicia.
- Lucía Fidalgo, muller galega veciña de San Martiño de Anllo (Sober), procesada por bruxaría, prostitución. En 1650 foi torturada e desterrada de Galicia.
- María Rodrigues, muller galego-portuguesa de Ponte de Lima, acusada en Tui de bruxaría en 1577. Na catedral de Santiago de Compostela foi azoutada e finalmente consumida polo lume nunha fogueira pública na praza do Campo (hoxe praza de Cervantes) de Santiago de Compostela entre as burlas dos veciños da cidade.
- Bruxas de Cangas e María Soliño, mulleres acusadas de bruxaría e condenadas pola Inquisición en Cangas entre 1619 e 1628, en realidade vítimas dunha invención dos inquisidores, caza de bruxas.
Animais
[editar | editar a fonte]- Bruxa, (Politapes aurea) ameixa semellante á babosa, mais de menor tamaño e coas cunchas de cor amarelada, que pode presentar algunhas manchas escuras e irregulares e liñas concéntricas moi próximas e pouco marcadas, ameixa bicuda.
- Tiburón bruxa (Scymnodon ringens), especie de escualiforme da familia Somniosidae, que habita no Atlántico oriental.
- Tiburón bruxa de boca pequena, (Scymnodon obscurus), especie de escualiforme da familia Somniosidae, que habita no Atlántico central entre as latitudes 65º N e 36º S.
Fitopatoloxía
[editar | editar a fonte]- Vasoira de bruxa, malformación que se produce nas árbores por causa do ataque de diversas especies de insectos (especialmente Rnyacionia buolinana) e que se manifesta nunha perda das guías terminais.
Toponimia
[editar | editar a fonte]- Bruxas, capital da rexión belga de Flandres Occidental.
Literatura
[editar | editar a fonte]- O Martelo das Bruxas, Malleus Maleficarum, especie de manual de diagnóstico para bruxas, publicado en 1487.
- As Bruxas de Salem (The Crucible, en lingua inglesa), peza teatral escrita por Arthur Miller en 1953, baseada nos eventos históricos que levaron ao perseguimento das bruxas de Salem en 1692 en Massachusetts.
- As bruxas, novela infantil do escritor galés Roald Dahl, publicada en 1983 co título orixinal de The Witches.
Deporte
[editar | editar a fonte]- Club Bruxas, (en neerlandés: Club Brugge KV), equipo de fútbol da cidade de Bruxas, en Bélxica.
- Bruxo de Arteixo, alcume de Arsenio Iglesias, futbolista e adestrador galego.