Saltar ao contido

Burro de las Encartaciones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O burro de las Encartaciones, é unha raza autóctona de burros propia do País Vasco, cunha distribución reducida ó val do mesmo nome, na parte occidental de Biscaia, e zonas limítrofes, ata o noroeste de Áraba.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son animais de pequeno tamaño: como máximo 120 cm de alzada á cruz, pero coa resistencia propia de calquera burro, de capa castaña clara co listón característico nas paletas e liña dorsal. Presenta tamén as típicas degradacións de cor ó redor do fociño e dos ollos, e nas axilas, ventre e bragada. As orellas son pequenas, en comparación con outras razas.

Protección

[editar | editar a fonte]

O censo actual está ó redor dos cen reprodutores [1] Arquivado 22 de marzo de 2007 en Wayback Machine..

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recoñece como entidade de criadores de équidos [2], concretamente do asno de las Encartaciones, a Asociación para la Defensa del Asno de las Encartaciones (ADEBUEN), creada en 1996 e domiciliada en Garai (Biscaia). Existe un proxecto de creación dunha reserva desta especie en Gordexola (Biscaia).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy