Campionato de Galicia de fútbol 1920/21
Tipo | Campionato de Galicia de fútbol |
---|---|
Número de participantes | 5 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 1920-1921 |
Número de edición | 7 |
Competición | |
Primeiro posto | Real Club Fortuna de Vigo |
O Campionato de Galicia da Serie A 1920/21 foi a sétima edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1921 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]
Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Pontevedra Athletic Club e o Real Alfonso XIII de Vilagarcía. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Real Alfonso retirouse do campionato antes da súa conclusión,[2][3] após ser sancionado co peche do seu campo ata a fin da tempada[4] por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro na Lomba fronte ó Vigo Sporting.[5] Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.[2][6]
Calendario
[editar | editar a fonte]Primeira volta
[editar | editar a fonte]Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 9 de xaneiro | Pasarón | Pontevedra Athletic | Vigo Sporting | 3–4 | Informe |
2 | 16 de xaneiro | Riazor | Deportivo da Coruña | Vigo Sporting | 1–2 | Informe |
3 | 23 de xaneiro | Bouzas | Fortuna de Vigo | Pontevedra Athletic | 4–0 | Informe |
4 | 30 de xaneiro | Bouzas | Fortuna de Vigo | Deportivo da Coruña | 8–0 | Informe |
5 | 6 de febreiro | Riazor | Deportivo da Coruña | Pontevedra Athletic | 3–0 | Informe |
5 | 6 de febreiro | Bouzas | Fortuna de Vigo | Vigo Sporting | 2–0 | Informe |
Segunda volta
[editar | editar a fonte]Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
6 | 13 de febreiro | Coia | Vigo Sporting | Pontevedra Athletic | 4–0 | Informe |
7 | 20 de febreiro | Coia | Vigo Sporting | Fortuna de Vigo | 0–1 | Informe |
8 | 27 de febreiro | Riazor | Deportivo da Coruña | Fortuna de Vigo | 0–1 | Informe |
9 | 6 de marzo | Pasarón | Pontevedra Athletic | Fortuna de Vigo | 2–0 | Informe |
9 | 6 de marzo | Coia | Vigo Sporting | Deportivo da Coruña | 4–1 | Informe |
10 | 13 de marzo | Pasarón | Pontevedra Athletic | Deportivo da Coruña | (1) | Informe |
Partidos anulados
[editar | editar a fonte]Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 9 de xaneiro | Bouzas | Fortuna de Vigo | Real Alfonso | 7–1 | Informe |
2 | 16 de xaneiro | Pasarón | Pontevedra Athletic | Real Alfonso | 1–0 | Informe |
3 | 23 de xaneiro | A Lomba | Real Alfonso | Deportivo da Coruña | 1–1 | Informe |
4 | 30 de xaneiro | A Lomba | Real Alfonso | Vigo Sporting | 1–3(2) | Informe |
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | Fortuna de Vigo | 8 | 7 | 0 | 1 | 16 | 2 | +14 | 14 | Clasificación para a Copa de España 1921 |
2. | Vigo Sporting | 8 | 6 | 0 | 2 | 14 | 8 | +6 | 12 | |
3. | Pontevedra Athletic | 8 | 4 | 0 | 4 | 5 | 15 | −10 | 8 | |
4. | Deportivo da Coruña | 8 | 3 | 0 | 5 | 5 | 15 | −10 | 6 | |
5. | Real Alfonso | 4 | 0 | 1 | 3 | 3 | 12 | −9 | 0 | Retirado |
Os puntos dos partidos do Real Alfonso foron concedidos ós seus rivais trala retirada.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Copa del Rey Alfonso XIII 1921linguasport.com Arquivado 02 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "De Sport. Campeonato gallego". Diario de Pontevedra nº 11.091 (en castelán). 14 de marzo de 1921. p. 1.
- ↑ "Notas de Sport". Acción Coruñesa nº 16 (en castelán). 14 de febreiro de 1921. p. 8.
- ↑ "De Sport". Progreso: diario independiente nº 2.703 (en castelán). 6 de febreiro de 1921. p. 2.
- ↑ 5,0 5,1 "De Sport. En la Lomba". Diario de Pontevedra nº 11.056 (en castelán). 31 de xaneiro de 1921. p. 2.
- ↑ "El Real Fortuna F.C. campeón de Galicia". Progreso: diario independiente nº 2.184 (en castelán). 1 de marzo de 1921. p. 2.