Saltar ao contido

Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo

Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo
Datos
Coordenadas43°21′12″N 8°25′02″O / 43.353305555556, -8.4171388888889
LocalizaciónRúa José María Rivera Corral, 2. 15008 A Coruña, Galicia
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións58 x 95
Capacidade440
PropietarioConcello da Coruña
LocalíaClubs modestos
editar datos en Wikidata ]

O Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo foi un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela II, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex xogador e exadestrador coruñés Arsenio Iglesias. Tratábase dun campo principalmente dedicado á práctica do fútbol afeccionado coruñés.

O seu terreo de xogo era de céspede artificial desde o ano 2008, cando sufriu unhas fondas obras de reforma, inauguradas polo entón alcalde Javier Losada e o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda[1][2]. As súas dimensións eran de 95 × 58 metros e contaba cunha bancada con capacidade para 440 persoas baixo a cal foran habilitados até seis vestiarios.

En 2018, o Concello e Hijos de Rivera, que ten a súa sede e factoría nunha propiedade anexa ao campo de fútbol, chegaron a un acordo mediante o cal a empresa pagaría 4.2 millóns de euros ao concello pola adquisición da parcela[3]. En novembro dese mesmo ano iniciouse o derrubamento da bancada[4]. O proxecto suscitou as críticas dos usuarios do campo[5].

  1. F. M. | La Voz de Galicia (14 de abril de 2008). "El campo de fútbol Arsenio Iglesias estrena nuevo césped". Consultado o 29-03-2016. 
  2. notiGRAS (Xuño de 2010). "A Coruña rinde homenaje a Arsenio Iglesias con un campo a su nombre". Arquivado dende o orixinal o 15-04-2016. Consultado o 29-03-2016. 
  3. "Estrella Galicia firma la compra de los terrenos para ampliar su fábrica de A Grela". 20 de abril de 2018. Consultado o 21-09-2019. 
  4. "Estrella Galicia inicia el derribo de la grada del campo de fútbol A Grela II". 14 de novembro de 2018. Consultado o 21-09-2019. 
  5. "Usuarios del campo de fútbol de A Grela se muestran contrarios al traslado a Eirís". 5 de marzo de 2017. Consultado o 21-09-2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy