Canedo, Ourense
Canedo | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Ourense[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°21′25″N 7°55′04″O / 42.356902777778, -7.9178694444444 |
Área | 6,6 km² |
Poboación | 502 hab. (2014) |
Densidade | 76,06 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Canedo é unha parroquia do concello de Ourense. Segundo o Padrón Municipal en 2014 tiña 502 habitantes (237 homes e 265 mulleres).
Características
[editar | editar a fonte]Está situada a catro quilómetros ao oeste da cidade de Ourense, e ten unha unha superficie de 6,6 km². A poboación máis importante é Quintela. Pola parte sur de Canedo pasa o río Miño. Alí habilitouse unha zona de lecer coñecida como as termas de Outariz, ao redor dunhas fontes de auga quente similares ás das Burgas de Ourense. Outras fontes de augas termais da parroquias son as Burgas de Arriba e as Burgas de Abaixo, das que mana auga entre os 60 e os 80 °C, e a Burga do Muíño.
A igrexa de San Miguel de Canedo foi reconstruída tras a guerra civil, xa que foi queimada.
Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Canedo, Ourense.
-
Zona recreativa en Quintela de Canedo
-
Paseo peonil
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Canedo
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Canedo no concello de Ourense | |
---|---|
Cachaxúas | A Capela | Casagrande | Eirasvedras | A Eirexa | Fontelo | Outariz | Porto | Quintela | Requeixo | Seoane | Tarascón | Vilanova |