Saltar ao contido

Catedral de Lisboa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catedral de Lisboa
Sé de Lisboa
Datos xerais
PaísPortugal Portugal
TipoCatedral
AdvocaciónVirxe María
LocalizaciónLisboa
Coordenadas38°42′35″N 9°07′59″O / 38.70985, -9.1329833333333
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseLisboa
Arquitectura
Construción1147-século XIII
EstiloRománico
Páxina webpatriarcado-lisboa.pt/
Catedral de Lisboa en Portugal
Catedral de Lisboa
Catedral de Lisboa
editar datos en Wikidata ]

A Sé de Lisboa, Igreja de Santa Maria a Maior, é a catedral de Lisboa, sede do Patriarcado de Lisboa e a igrexa máis antiga da cidade. Iniciada a súa construción a mediados do século XII por orde de Afonso Henriques tras a conquista da cidade aos mouros.

Orixinalmente foi levantada seguindo o estilo románico, mais ao longo da súa dilatada historia de case mil anos incorporará diversas influencias doutras linguaxes arquitectónicas, así como ampliacións e reformas a causa dos terremotos sufridos na cidade.

O actual edificio da Sé é ordenado levantar por Afonso Henriques tras a toma do ano 1147. Pero se temos en conta os precedentes do edificio, non hai consenso entre os académicos.

Existen diversas hipóteses que falan da existencia dun templo pagá dedicado a Apolo nos tempos da Olisipo romana, teoría sustentada por achegas arqueolóxicas romanas no claustro do edificio. Tamén hai quen defende a posibilidade da construción ou reforma do templo pagán tras a conversión da cidade ao cristianismo baixo o bispado de Potamio, pasando a ser un templo paleocristián de planta centralizada. Estas mesmas teorías sustentan a posibilidade de que este edificio fose usado tras as invasións de godos e, posteriormente e quizais máis relevante, dos pobos islámicos, mais sen seren introducidas reformas relevantes.[1][2]

A certeza é que a Sé ordenouse construír sobre algunhas preexistencias, a partir de 1147, empregándose un estilo románico de influencia normanda. Isto pódese explicar como consecuencia da orixe dos cruzados que acompañaban ao rei, provenientes de Inglaterra. De feito, entre estes elixiráse como novo bispo a un deses cruzados ingleses, Gilberto de Hastings, sendo refrendado polo rei e demais cargos eclesiásticos.[3]

Como posible mestre de obras, certas referencias como O livro preto da Sé Velha de Coímbra, así como a semellanza de trazados entre diversas obras como esta mesma Sé Velha de Coímbra, indican a posibilidade de que fose un tal Mestre Roberto de Lisboa.[4]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O deseño da Sé orixinal está composto dun corpo que aínda mantén o seu aspecto románico a pesar de ser renovado. Ten tres naves de seis seccións e doce alicerces cruciformes decorados con columnas de eixe cilíndrico adxunto en cada esquina. A nave é cuberta por unha bóveda de berce articulada con arcos de volta de pedra. Aquí amosa falta de púlpitos dende o principio.[5]

O transepto, con bóveda de canón, comprende, como nos casos da Sé Velha de Coímbra ou da Sé de Braga , dúas seccións de cada lado dun cruceiro de planta cadrada. Cada sección do transepto ten catro e cinco buracos respectivamente e sete a maiores nas fachadas norte e sur. Estes topos foron cubertos con dúas ventás de arco baixo. Tras reformas posteriores a fiestra románica na parte norte queda cega e só sobrevive hoxe no sur unha fiestra similar do seu primeiro estado. Ambas as paredes rematan con rosetóns individuais de vidreiras románicas.[5][6]

Os terremotos foron a primeira causa de danos na estrutura da Sé de Lisboa , principalmente o de 1755 onde varias partes da mesma como a torre do cruceiro, o cabeceiro gótico ou o panteón foran destruídas permanentemente.[7]

  1. Sucena, E. (2004). Sé Patriarcal de Lisboa. Historia e patrimonio . Lisboa: Sete Caminhos. pp. 9-13
  2. Sequeira, G. B. (1930). Sé de lisboa : Estudo historicó-arqueológico e artistico. Porto: Litografía Nacional. pp.10-14
  3. Sucena, E. (2004). Sé Patriarcal de Lisboa. Historia e patrimonio . Lisboa: Sete Caminhos. p.11
  4. Santos, R. d. (1955). O Românico em Portugal. Sul.
  5. 5,0 5,1 Sucena, E. (2004). Sé Patriarcal de Lisboa. Historia e patrimonio. Lisboa: Sete Caminhos. pp. 19-21.
  6. Sequeira, G. B. (1930). Sé de Lisboa : Estudo historicó-arqueológico e artistico. Porto: Litografía Nacional. pp. 27-39.
  7. Sucena, E. (2004). Sé Patriarcal de Lisboa. Historia e patrimonio. Lisboa: Sete Caminhos. pp. 25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sequeira, G. B. (1930). Sé de lisboa : Estudo historicó-arqueológico e artístico. Porto: Litografía Nacional.
  • Sucena, E. (2004). Sé Patriarcal de Lisboa. Historia e patrimonio . Lisboa: Sete Caminhos.
  • Santos, R. d. (1955). O Românico em Portugal. Sul.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy