Saltar ao contido

Charlie Clouser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCharlie Clouser

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Hanover, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónHampshire College (en) Traducir
Hanover High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , teclista , produtor , enxeñeiro , produtor musical , enxeñeiro de son , compositor de cancións , percusionista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMetal industrial e música electrónica Editar o valor en Wikidata
InstrumentoSintetizador, Instrumento de percusión, baixo e Theremin Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0167197 Allocine: 99296 Allmovie: p341470
Facebook: 661039173996317 Twitter: CharlieClouser Instagram: charlieclousermusic MySpace: charlieclouser Youtube: UCjp7ZE-VQquuS5fvivyOaFQ Vimeo: user3722212 BNE: XX1791810 Bandcamp: charlieclouserSouncloud: charlie-clouser Spotify: 1ZVa9Tz7T3lR30I6r7mhhf iTunes: 25189990 Musicbrainz: 2947dcd0-e65f-4293-af4b-3fe309e0dea0 Discogs: 27509 Allmusic: mn0000586764 Editar o valor en Wikidata

Charlie Clouser, nado en Hanover (Nova Hampshire) o 23 de xuño de 1963, é un músico estadounidense que toca principalmente sintetizadores, teclados, theremin e batería. É coñecido polas súas habilidades na programación de música, na mestura e facendo remesturas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi membro de Nine Inch Nails entre os anos 1994 e 2000. Despois de saír da banda, entrou en Burning Retina co antigo guitarrista de L. A. Guns Mick Cripps e o traballador de Nothing Records Sean Beavan. Clouser tamén foi membro da banda 9 Ways to Sunday, que editou un álbum autotitulado en 1990. Clouser ten feito remesturas de artistas como Nine Inch Nails, Marilyn Manson, Rammstein e Meat Beat Manifesto.

No ano 2004 Clouser produciu o álbum Size Matters da banda Helmet, que consiste principalmente en colaboracións entre Charlie Clouser e Page Hamilton, coa intención de facer un "álbum en solitario" de Page Hamilton.

Dous temas programados por Clouser foron nomeados aos premios Grammy en 1997: o de White Zombie "I'm Your Boogie Man" e o de Rob Zombie e Alice Cooper "Hands of Death (Burn Baby Burn)", o último deles tamén coescrito e mesturado por Clouser.

Traballou con Trent Reznor na banda sonora da película Natural Born Killers, axudándoo a gravar e producir unha nova versión de "Something I Can Never Have", un tema que na súa versión orixinal aparaceía no álbum Pretty Hate Machine. A remestura da canción de Rob Zombie "Dragula" que se atopa na película The Matrix, tamén é de Clouser. Outro tema de Rob Zombie remesturado por el é "Reload", que aparece en The Matrix Reloaded. Produciu o álbum de Helmet Size Matters e o inconcluso proxecto con Page Hamilton chamado Gandhi.

Clouser encargouse dos sintetizadores en directo na xira de Alec Empire Intelligence And Sacrifice no ano 2001.

Aparece no documental Moog sobre o pioneiro da música electrónica Robert Moog, e compuxo a canción "I Am a Spaceman" para a banda sonora do mesmo.

Clouser tamén traballou como compositor para o cine e a televisión, facendo a música para as películas da serie Saw, Death Sentence, Resident Evil: Extinction, Dead Silence e Deepwater. En televisión compuxo a música para a serie da NBC Las Vegas Freeway, e a da CBS NUMB3RS.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy