Saltar ao contido

Clärenore Stinnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClärenore Stinnes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1901 Editar o valor en Wikidata
Mülheim an der Ruhr, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Björnlunda (Suecia) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAutomobilismo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpiloto de automobilismo, escritora, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaStinnes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCarl-Axel Söderström (–1976) Editar o valor en Wikidata
FillosCläre Söderström-Svensson Editar o valor en Wikidata
PaiHugo Stinnes Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1302558 Editar o valor en Wikidata
Adler Estándar 6, o modelo que Stinnes conduciu na súa viaxe.

Clärenore Stinnes, nada en Mülheim an der Ruhr o 21 de xaneiro de 1901 e finada en Björnlunda o 7 de setembro de 1990, foi un expedicionaria alemá e a primeira muller en dar a volta ao mundo en coche.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seu pai era o magnate da industria e político alemán Hugo Stinnes. Con tan só 24 anos participou na súa primeira carreira automobilística, e en 1927 xa se atopaba entre as mellores pilotos europeas daquela época. O 25 de maio de 1927 emprendeu unha viaxe ó redor do mundo xunto con Carl-Axel Sóderström, a quen coñecera só dous días antes de saíren nun Adler/Standard 6 de serie xunto con dous mecánicos e unha camioneta de apoio con pezas de recambio e o resto do equipo. A aventura contou cunha subvención de 100.000 marcos achegados pola industria automobilística alemá (Adler, Bosch e Aral).

Atravesaron os Balcáns e logo de pasar por Beirut, Damasco, Bagdad e Teherán chegaron a Moscova, onde abandonou a expedición por enfermidade un dos mecánicos. Cando atravesaban Siberia o segundo mecánico tamén decidiu deixar a aventura, de modo que a partir de entón só quedaron Clara e Carl-Axel. Ao chegaren a Irkurst, nas beiras do lago Baikal, tiveron que facer unha parada en medio do cru inverno siberiano. Foron os primeiros en atravesar nun vehículo a motor o lago Baikal xeado.

Cruzaron Mongolia, o deserto do Gobi e chegaron a Pequín e de alí, en transbordador pasaron ao Xapón, onde escalaron o monte Fuji. Atravesaron o Pacífico con escala en Hawai ata América do Sur.

Atravesaron a cordilleira dos Andes, onde sufriron numerosas penurias e estiveron a piques de morrer de inanición. Chegaron entón a Valparaíso (Chile), onde embarcaron en dirección aos Estados Unidos, pasando por Panamá. Dende Os Ánxeles atravesaron os Estados Unidos, onde recibiron o recoñecemento xeral da poboación e das autoridades. En Detroit o propio Henry Ford amosoulles a súa fábrica e, logo de chegaren a Washington, foron recibidos na Casa Branca polo presidente Herbert Hoover. Viaxaron en barco ata Le Havre e de alí a Berlín, onde de novo foron recibidos con honores polos seus compatriotas o 24 de xuño de 1929, tras completar un periplo de 47.000 quilómetros en coche.

Á volta da viaxe, Carl-Axel Sóderström divorciouse da súa esposa sueca para casar coa súa compañeira de aventura. A parella instalouse en Suecia e tiveron 3 fillos naturais e varios adoptados. Carl-Axel morreu en 1976 e Clara en 1990.

Nos anos 80 un cineasta alemán elaborou unha película a partir das gravacións realizadas durante a viaxe, a cuxa presentación en Hamburgo acudiu a propia Clara Stinnes[1].

  1. "Vor 80 Jahren um die Welt". Welt Online (en alemán). 3 March 2007. Consultado o 22 May 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Artigo na revista Time do 26 de setembro de 1927: a filla de Stinnes.
  • Artigo na revista Time do 11 de xuño de 1928: Fraulein and Swede.
  • Entrada na IMDb sobre o documental do ano 2009 titulado "Fräulein Stinnes f¨hart um die Welt (a señorita Stinnes dá a volta ó mundo).
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy