Saltar ao contido

Combinada nórdica nos Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCombinada nórdica nos Xogos Olímpicos
Imaxe
Tipoevento deportivo Editar o valor en Wikidata
Deportecombinado nórdico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorComité Olímpico Internacional Editar o valor en Wikidata
Parte deNordic skiing at the Winter Olympics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympic.org… Editar o valor en Wikidata

A combinada nórdica é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno dende a primeira edición. Dende entón estivo presente en todas as edicións dos Xogos Olímpicos.

Disputada soamente en categoría masculina, a competición comezou coa realización dunha proba de combinada nórdica de 18 quilómetros de esquí de fondo e dun salto de esquí posterior. A partir da edición de 1952 realizados en Oslo (Noruega) a proba de salto de esquís realízase primeiro e posteriormente a de esquí de fondo. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1956 realizados en Cortina d'Ampezzo (Italia) a proba de esquí de fondo reduciuse até os 15 quilómetros.

A técnica de salto sufriu modificacións ao longo do tempo, e comezou co método Daescher, que foi abandonado nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 en Calgary (no Canadá) en troques do actual estilo en V. Así mesmo, a técnica do esquí de fondo mantívose coa modalidade de estilo clásico até aqueles Xogos, pasando a disputarse as probas en estilo libre. A proba por equipos incorporouse en 1988 e a proba de 10 quilómetros con salto longo introduciuse nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2002 realizados en Salt Lake City (nos Estados Unidos).

Os grandes dominadores deste deporte son Noruega, Finlandia, Alemaña e Austria.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy