Saltar ao contido

Combustíbel de algas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O combustíbel algal, tamén denominado combustíbel de algas, oleoalgal, oilgae,[1] algaeoleum ou biocombustíbel de terceira xeración, é un biocombustíbel fabricado a partir dos produtos das algas.

Gráfico

Un equipo de expertos da Universidade de Xaén, encabezado por Sebastián Sánchez Villasclaras, iniciou un estudo de investigación dirixido á limpeza de augas residuais terciarias a través da microalga Botryococcus braunii, que produce grandes cantidades de hidrocarburos líquidos. As empresas de capital risco dos Estados Unidos decidiron deixar de apoiar o etanol procedente do cultivo de millo e investir en produtores que utilicen algas.[2]

O reto da produción a grande escala de microalgas con fins enerxéticos foi asumido a escala global por un gran número de empresas, e os avances neste campo prodúcense con rapidez. Algúns exemplos son o anuncio, realizado pola empresa Solazyme, de produción do primeiro queroseno de aviación producido a partir de biomasa de algas; a iniciativa do Carbon Trust británico destinando 26 millóns de libras ao desenvolvemento destas tecnoloxías ou tamén o interese do DARPA norteamericano nas aplicacións no ámbito militar.[3]

Actualmente, o desenvolvemento en España de tecnoloxías de produción de algas para o seu uso enerxético comeza a saír do ámbito da investigación pura co anuncio da posta en marcha das primeiras plantas comerciais. Estas son as de Mutxamel, que promove a empresa alicantina BFS co obxectivo de producir enerxía eléctrica nunha instalación de 30 MW de potencia, e a de Xerez da Fronteira, onde Aurantia, a través da sociedade Celulosa Investment, pretende producir biocarburantes e outros produtos nunha instalación que serviría á vez como sumidoiro de parte do CO2 emitido pola fábrica de cemento que Holcim ten nesa localidade andaluza.

  1. http://www.oilgae.com/ Oil from Algae.
  2. http://www.ecoticias.com/20081021-los-inversores-estadounidenses-apuestan-por-los-biocombustibles-de-segunda-generacion.html Arquivado 24 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Investidores estadounidenses apostan polos biocombustibles de segunda xeración.
  3. http://www.idae.es/index.php/mod.noticias/mem.detalle/id.51/relcategoria.121/relmenu.75 Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Eminentes investigadores, tecnólogos e empresas reúnense en Madrid nunha Xornada Técnica Internacional sobre el aproveitamento enerxético das microalgas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy