Saltar ao contido

Comercio xusto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comercio xusto, Santiago de Compostela

Comercio xusto define unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (coma o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial xusta entre produtores e consumidores.

O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto [1].

Principios

[editar | editar a fonte]

Os principios que defende o Comercio xusto son:

  • Os produtores forman parte de cooperativas ou organizacións e funcionan de xeito democrático.
  • Rexeito á explotación infantil.
  • Igualdade entre homes e mulleres.
  • Trabállase con dignidade respectando os dereitos humanos.
  • O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
  • Os compradores xeralmente pagan por adiantado para evitar que os produtores busquen outras formas de se financiar.
  • Valórase a calidade e a produción ecolóxica.
  • Respecto ao medio ambiente.
  • Búscase o xeito de evitar intermediarios entre produtores e consumidores.
  • Infórmase aos consumidores acerca da orixe do produto.

Inténtase con isto evitar as grandes diferenzas entre o prezo que pagan por un produto os consumidores do primeiro mundo e o diñeiro que se lles paga aos seus produtores no Terceiro Mundo, ademais de evitar a explotación dos traballadores. Tamén, isto axuda a compensar os efectos da obsesión de consumir no prezo mais barato, e as súas repercusións:

  • Progresiva deterioración da calidade e duración dos produtos.
  • Explotación dos produtores.
  • Deterioración ambiental.

Selo de Comercio Xusto

[editar | editar a fonte]
Turrón de comercio xusto

O Selo de Comercio Xusto ou Selo FAIRTRADE é o selo que, impreso nun produto, garante que este provén de comercio xusto e foi producido e comercializado seguindo os criterios internacionais de comercio xusto establecidos por Fairtrade Labelling Organzitions (FLO) International.

Cafés certificados co Selo Fairtrade-Comercio Xusto

A certificación dos produtos de Comercio Xusto cun Selo permite a súa fácil identificación e a súa venda nos canais de distribución habituais. Ademais a certificación Fairtrade abre o comercio xusto a todas aquelas empresas dispostas a seguir os criterios de Comercio Xusto na elaboración dun ou máis produtos. Deste xeito a certificación Fairtrade contribúe de forma significativa ao crecemento global do volume dos produtos de Comercio Xusto vendidos en todo o mundo.

En España a Asociación do Selo de Produtos de Comercio Xusto (ASPCX) dá licenza para o uso deste Selo e fomenta o que consumidoras e consumidores o coñezan e opten por produtos Fairtrade. a Asociación do Selo FAIRTRADE é membro de FLO International, o organismo internacional que apoia os produtores que traballan con Fairtrade ou desexan traballar con Fairtrade e que establece os criterios ou estándares de Comercio Xusto para cada produto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Documentais

[editar | editar a fonte]

Multimedia

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy