Saltar ao contido

Compañía Holandesa das Indias Occidentais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compañía Holandesa das Indias Occidentais
Logo
Tipotrading companies
Data de fundación3 de xuño de 1621
Data de disolución1792
Fundador(es)Willem Usselincx e João de Laet
Organización matrizCompañía Holandesa das Indias Orientais
SedeWest-Indisch Huis
PaísProvincias Unidas
editar datos en Wikidata ]
Territorios de WIC

Compañía holandesa das Indias Occidentais (en holandés: West-Indische Compagnie ou WIC) era unha compañía da mariña mercante dos Países Baixos entre os séculos XVII e XVIII.

Fundación

[editar | editar a fonte]

A República dos Sete Países Baixos Unidos outorgoulle o 3 de xuño de 1621 o estatuto de compañía, co que obtivo o monopolio comercial coas Indias occidentais (é dicir, o Caribe) e recibiu a xurisdición sobre o comercio de escravos de África, Brasil, o Caribe e Norteamérica.

O area no que a Compañía podía operar abarcaba África occidental (o area entre o Trópico de Cáncer e o Cabo de Boa Esperanza) e América, que incluían o océano Pacífico e a parte oriental de Nova Guinea.

O obxectivo da concesión foi eliminar a competencia, especialmente a de España e Portugal, entre os diversos postos comerciais establecidos polos comerciantes. A Compañía converteuse nun instrumento da colonización holandesa de América.

Monopolio comercial

[editar | editar a fonte]

A WIC estaba organizada de xeito similar á Compañía holandesa das Indias Orientais (VOC), moito máis grande e máis rica, que tiña o monopolio do comercio con Asia (principalmente en Indonesia) desde 1602, pero á WIC non se lle permitía emprender accións militares sen a aprobación do goberno holandés.

Como a VOC, a compañía tiña cinco oficinas, chamadas cámaras (kamers), en Ámsterdan, Rotterdam (ambas en Holanda), Middelburg (en Zeeland), Hoorn e Groningen (no norte), das cales as de Ámsterdan e Middelburg eran as que contribuían máis á compañía. A xunta directiva tiña 19 membros, coñecidos como os Heeren XIX ('Señores').

Expansión

[editar | editar a fonte]

A compañía tivo ao principio un éxito relativo; nos anos de 1620 e 1630 establecéronse a maioría de postos e colonias comerciais. A área de Nova Holanda, que incluía Nova Ámsterdan, abarcaba as zonas dos actuais Nova York, Connecticut, Delaware e Nova Jersey. Establecéronse outros asentamentos nas Antillas Menores, Suriname e o Brasil.

En 1630 estableceuse a colonia de Nova Holanda, con capital en Mauritsstad (a moderna Recife), nas posesións no Brasil conquistadas aos Portugueses.

En África establecéronse postos comerciais en Costa de ouro (hoxe Ghana) e brevemente en Angola.

Comercio e piratería

[editar | editar a fonte]

Outro éxito da WIC foi a captura dunha frota que transportaba prata das colonias españolas cara a Europa por Piet Hein en 1628. A piratería era un dos obxectivos da WIC.

Nas Américas as peles (Norteamérica) e o azucre (Suramérica) eran os bens comerciais máis importantes, mentres que os asentamentos en África comerciaban con escravos -a maioría destinados ás plantacións das Antillas e Suriname- ouro e marfil.

Perda das colonias

[editar | editar a fonte]

Con todo, os éxitos acabaron pronto. En 1654 perderon Nova Holanda, que volveu ao Brasil portugués, tras unha longa guerra, e moitos outros postos comerciais foron destruídos ou capturados por potencias europeas rivais.

A colonización de Nova Holanda non se estendeu moito máis, en parte debido á forte rivalidade con Inglaterra, que conquistou Nova Holanda en 1664, e en parte debido á dificultade de atraer colonos coa política inicial da compañía, que se baseaba no sistema dos Patroon,[1] que confería un poder enorme sobre os colonos aos homes que os conducían á colonia.

Tras anos de débedas, a WIC orixinal se replegó en 1674, e formouse unha nova compañía reorganizada. Abandonou a piratería e concentrouse principalmente no comercio de escravos entre África e as posesións conservadas en Suriname e as Antillas.

Despois de que os ingleses conseguisen o control de Suriname durante moitos anos nos 1780, a WIC foi incapaz de recuperarse e en 1791, o goberno holandés adquiriu as accións da compañía e tomou o control dos territorios.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy