Saltar ao contido

Confianza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En socioloxía e psicoloxía social, a confianza é a crenza en que unha persoa ou grupo será capaz e desexará actuar de xeito adecuado nunha determinada situación e pensamentos. A confianza verase máis ou menos reforzada en función das accións.

A confianza é unha hipótese sobre a conduta futura do outro. É unha actitude que concirne o futuro, na medida en que este futuro depende da acción dun outro. É unha especie de aposta que consiste en non inquietarse do non-control do outro e do tempo.
Laurence Cornu, A confianza nas relacións pedagóxicascor

De acordo á maioría das teorías que a abordan, trátase dunha suspensión temporal da situación básica de incerteza acerca das accións dos semellantes; grazas a ela, é posible supor un certo grao de regularidade e predecibilidade nas accións sociais, simplificando o funcionamento da sociedade.

Esta explicación, tipicamente funcionalista, corresponde á orientación teórica da maioría dos autores que abordaron o tema; na teoría estrutural-funcionalista, a confianza considérase polo xeral a base de todas as institucións, e funciona como correlato e contraste do poder, consistente na capacidade de influír na acción allea para forzala a axustarse ás propias expectativas.

Cando se perde a confianza, é por esgotamento emocional. Ben o medio ou a mala intención da persoa, fomenta a incapacidade de cumprir co prometido de forma continuada no tempo.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy