Saltar ao contido

Conversa modelo:Río

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Botándolle un ollo aos ríos galegos atopeime que temos tres plantillas distintas para os ríos: esta mesma, Template:Rio e Template:Río info. Haberá que arranxar unha ben e desfacerse das outras dúas. --Beninho 12:02, 9 maio 2007 (UTC)

  • O texto dos artigos e o cadro quedan moi xuntos. Necesita ese pequeno arranxo. --Xoán Carlos Fraga 11:15, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Non son capaz de facer que o modelo apareza aliñado á dereita do artigo, e tal e como está agora dificulta a lectura; alguén podería amañalo? --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:41, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Mapa de localización

[editar a fonte]

Poderíaselle engadir un parámetro para poder introducir un mapa de localización? Xosé Antonio (fálame sempre) 28 de agosto de 2015 ás 18:13 (UTC)[responder]

Voto a favor do mapa, a poder ser co río completo, senón marcando a desembocadura.--Iagocasabiell (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 00:09 (UTC)[responder]

Unidades, ríos de Galicia e no resto do Mundo

[editar a fonte]

Creo que é necesario repasar esta caixa nos ríos de Galicia, hai que poñerse de acordo coas unidades (a altitude debería estar en m, non en msnm, por exemplo), e poñería ubicación en vez de país para que sexa consistente poñer a comunidade en España e o país no resto do Mundo. Tal como está aparecen fichas con país: Galicia, Galicia+España, España, Galicia+Portugal, etc que é unha mistura confusa e pouco científica.--Iagocasabiell (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 00:09 (UTC)[responder]

Acábome de dar conta que o modelo permite engadir rexión e tipo de rexión.--Iagocasabiell (conversa) 9 de novembro de 2015 ás 00:25 (UTC)[responder]
Grazas polo traballo para engadir o mapa. E postos a pedir, non se podería engadir un parámetro para introducir texto ao pé do mapa? Eu fíxeno con <br> e </br> na páxina do río Eume e non queda mal, pero sería máis cómodo cun parámetro. Saúdos --Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de novembro de 2015 ás 01:20 (UTC)[responder]
Claro, sen problema, agora o fago. Saúdos --Iagocasabiell (conversa) 14 de novembro de 2015 ás 23:12 (UTC)[responder]
Feito! --Iagocasabiell (conversa) 14 de novembro de 2015 ás 23:26 (UTC)[responder]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy