Cousas da lingua
Aparencia
Cousas da lingua | |
---|---|
Duración | 15 minutos |
Presentado por | Rosa Castro e Constantino García |
Día(s) de emisión | Luns a xoves |
Cadea | TVG |
Día da estrea | 1 de outubro de 1990 |
Cousas da lingua foi un programa divulgativo da Televisión de Galicia dedicado á lingua galega que se emitiu durante os anos 1990 e 1992.
Contido
[editar | editar a fonte]O programa estaba dirixido polo presidente do Instituto da Lingua Galega Constantino García que actuaba tamén como copresentador xunto a Rosa Castro, ademais contaba coa colaboración habitual do profesor de lingua galega da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Regueira; en cada programa divulgábase información sobre léxico, gramática ou da situación sociolingüística do galego