Saltar ao contido

Cruceiro Alfonso XII

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfonso XII

O Alfonso XII nos anos 1890.
Historial
Estaleiro Ferrol[1], España España
Clase Clase Reina Cristina
Posta en grella 12 de agosto de 1881
Botado 21 de agosto de 1887[2]
Asignado 6 de xullo de 1891
Viaxe inaugural 8 de xuño de 1871
Baixa 1900 [1]
Destino Desmantelado en 1908
Características xerais
Eslora 84,80 m
Manga 15,20 m
Calado 5,00 m
Aparello 1725 m² de velame
Propulsión • 1 máquina alternativa

• 1 hélice
Potencia 4100 cv
Velocidade 13 nós
Tripulación 380 tripulantes

O Alfonso XII foi un cruceiro non protexido da Armada española que permaneceu activo desde 1892 ata 1908. Recibía o seu nome en honra ao rei Afonso XII, foi o segundo dos tres compoñentes da Clase Reina Cristina.

Primeiros tempos

[editar | editar a fonte]

Pouco logo de entrar en servizo, foi enviado a Tánxer en resposta a un incidente con Marrocos. Estivo ao longo de 1892 nos diversos actos e celebracións con motivo do IV Centenario do descubrimento de América, incluídas as revistas navais de Huelva e Xénova. Tamén participou nas operacións da Guerra de Melilla entre 1893 e 1894.

Guerra hispano-estadounidense

[editar | editar a fonte]
O Alfonso XII no dique flotante da Habana.

Foi enviado a Cuba en outubro de 1895 para axudar na loita contra a insurrección. Na noite do 15 de febreiro de 1898 no porto da Habana, o Alfonso XII atopábase fondeado moi preto do acoirazado de segunda clase USS Maine (ACR-1), e foi testemuña da explosión do buque estadounidense, cuxos superviventes foron socorridos pola dotación do cruceiro español.

Ao estalar dous meses máis tarde o conflito cos Estados Unidos, o Alfonso XII seguía na Habana, necesitado de reparacións e imposibilitado para navegar, polo que desembarcou a súa artillaría para reforzar as defensas costeiras.

Final na armada

[editar | editar a fonte]

Ao ano seguinte volveu a España, ordenándose o 15 de xullo de 1899 a súa transformación en buque escola de artilleiros e procedeuse a desmontar en Ferrol os seus tubos lanza torpedos, aínda que os traballos foron suspendidos ao decidirse a súa baixa o 18 de maio de 1900; unha vez desarmado, o seu casco foi utilizado como depósito de carbón no Arsenal da Carraca (Cádiz). Foi vendido en 1907 e desmantelado en 1908.

  1. 1,0 1,1 "Revista Naval" (en castelán). Consultado o 3 de decembro de 2017. 
  2. Spanish-American War Centenial Website - Alfonso XII

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chesneau, Roger, e Eugene M. Kolesnik, Eds. Conway's All The World's Fighting Ships 1860–1905. Nova York, Nova York: Mayflower Books Inc., 1979. ISBN 0-8317-0302-4.
  • Gray, Randal, Ed. Conway's All The World's Fighting Ships 1906–1921. Annapolis, Maryland:Naval Institute Press, 1985. ISBN 0-87021-907-3.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy