Saltar ao contido

Cynthia Powell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCynthia Powell

(1964) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Cynthia Lillian Powell Editar o valor en Wikidata
10 de setembro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Blackpool, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte1 de abril de 2015 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Mallorca (España) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón
cancro Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKenwood, St. George's Hill (en) Traducir (1964–1968)
Hoylake (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Arte e Design de Liverpool (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista visual, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJohn Twist (1978–1982)
Roberto Bassanini (1970–1976), divorcio
John Lennon (1962–1968), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosJulian Lennon
 () John Lennon Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0502031 BNE: XX1783341 Discogs: 4275182 WikiTree: Powell-42 Find a Grave: 144444569 Editar o valor en Wikidata


Cynthia Lillian Lennon Charles (de solteira Powell) nada o 10 de setembro de 1939 en Blackpool e finada o 1 de abril de 2015 en Mallorca, foi unha artista, empresaria e escritora británica, coñecida por ser a primeira esposa de John Lennon. Como resultado desta unión, tamén se coñeceu como Cynthia Lennon. Mesmo despois do seu divorcio, continuou posuíndo e usando o nome "Lennon", en solidariedade con Julian, o seu fillo con John.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Relación con Lennon

[editar | editar a fonte]

En 1958, John Lennon e Cynthia Powell coñecéronse no Liverpool College of Art, en Liverpool, e inmediatamente el sentiuse atraído pola súa semellanza coa actriz Brigitte Bardot (dise que Cynthia sabía desa filia e por iso tinguiu o seu cabelo a loiro para se parecer á actriz)[1]. Lennon viaxou moito e sempre se comunicou coa súa paixón por carta. En 1962, despois de catro anos de relación, mudáronse xuntos a Londres. O 8 de abril de 1963 tiveron o seu único fillo, nacido en Liverpool: Julian Lennon. Cynthia e John casaron oficialmente ese mesmo ano, o 23 de agosto. A súa unión con John foi sempre unha fonte de desesperación para Brian Epstein, o axente musical de John, xa que un Beatle era un obxecto de desexo para as mozas adolescentes, e ao John estar casado reducía as posibilidades de éxito na súa carreira, e tratou de que mantivesen en segredo a relación[2]. Porén, en 1968 o matrimonio xa estaba desgastado debido ás constantes loitas por celos. Neste ano, John coñeceu á artista xaponesa Yoko Ono, comezando a relacionarse con ela. Despois marchou da casa e a parella de John e Cynthia divorciouse.

Obra escrita

[editar | editar a fonte]

Cynthia publicou dúas memorias da súa vida con John, John e A Twist of Lennon [3] nas que conta momentos persoais co seu marido, relatando gran parte da súa vida co artista antes da fama e no inicio da Beatlemanía. Sempre relatou ter sufrido coa ausencia de John e dixo que as drogas "abriron un abismo" entre ambos. Preto do final da súa vida, sorprendeu a amigos e fans confesando que se soubera as consecuencias que tería o seu namorado por Lennon, "daría a volta e teríase afastado del para sempre".[3]

Anos finais

[editar | editar a fonte]

Despois do fin do seu matrimonio con Lennon, volveu casar tres veces máis. Debido aos seus matrimonios con homes estranxeiros, viviu en varios países como Gales, Irlanda e España. [3]

Cynthia estaba viúva do seu cuarto marido desde 2013 e vivía soa nas Illas Baleares. Morreu en Mallorca despois de loitar contra un cancro.[3]

  1. "Cynthia Powell (Julian Lennon’s mother) files for divorce from John Lennon.". www.famousdaily.com. Consultado o 2022-05-08. 
  2. Williams, Stereo (2015-04-06). "Cynthia Lennon and the Dark Side of a Legend". Cuepoint (en inglés). Consultado o 2022-05-08. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Morre Cynthia Lennon, ex-mulher de John Lennon". Consultado o 01/04/2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy