Década de 1470
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XV | |||||
| |||||
|
1470
- Artigo principal: 1470.
- Henrique IV de Castela revoga o Pacto de Guisando e nomea herdeira a Xoana a Beltranexa.
Ciencia e tecnoloxía
- Nesta data documéntase, por vez primeira, o uso do café como bebida en Aden, no extemo suroccidental da península arábiga.
1471
- Artigo principal: 1471.
América
- Iníciase o reinado do emperador inca Tupac Yupanqi (até 1493).
Äfrica
- 21 de decembro, os portugueses descobren a illa de Santo Tomé.
- Os portugueses cruzan o ecuador terrestre.
Ciencia e tecnoloxía
1472
- Artigo principal: 1472.
- Fernando Poo, navegador portugués, descobre a illa que levará o seu nome (hoxe Bioko) e o "río dos camarôes" (Camerún)
Ciencia e tecnoloxía
1473
- Artigo principal: 1473.
- 1 de febreiro, Xoán II de Aragón entra en Perpiñán.
- 5 de marzo, Xoán V de Armagnac é asasinado no momento da tomada de Lectoure polas tropas do rei de Francia.
- 9 de abril, Fracasa a axuda do duque Nicolao de Lorena contra a cidade de Metz.
Arte e cultura
- 5 de agosto, Leonardo da Vinci pinta o seu debuxo Paisaxe do Val do Arno
- A Virxe da roseira, pintura do alemán Martin Schongauer.
1474
- Artigo principal: 1474.
- 10 de xaneiro, na localidade de Delft, na Holanda Meridional, publícase a Biblia de Delft, a primeira en lingua neerlandesa.
- 6 de febreiro, os otománs incendian Varadin, en Croacia, cuxa poboación sae masacrada.
- 4 de abril, Lois XI de Francia crea a formación a Unión de Constanza.
- 17 de maio, O papa Sisto IV recoñece oficialmente a Orde dos Mínimos.
- 18 de xullo, Execución do visir otomán de orixe grega Mahmoud Pacha, sospeitoso de ter negociado con Venecia entre 1469 e 1473 para restaurar ao seu beneficio o Imperio Bizantino.
- 25 de xullo, Eduardo IV de Inglaterra e o Duque da Borgoña formalizan unha unión para a partición de Francia.
- 15 de agosto, Masacre de xudeus en Módica, en Sicilia.
- 25 de outubro, Os Cantóns suízos decláran a guerra ó Duque da Borgoña.
- 13 de novembro, Acontece a Batalla de Héricourt, na que os habitantes da Alsacia rebélanse contra Pedro de Hagenbach.
- 13 de decembro, Isabel I de Castela é proclamada raíña en Segovia trala morte de Henrique IV.
Ciencia e tecnoloxía
- 19 de marzo, A primeira lei de patentes é promulgada en Venecia.
1475
- Artigo principal: 1475.
- Os turcos invaden Bosnia e Hercegovina e Valaquia, e ocupan a península de Crimea.
Ciencia e tecnoloxía
1476
- Artigo principal: 1476.
- 1 de marzo, Batalla de Toro entre as tropas de Isabel a Católica e Afonso V de Portugal.
- Ocupacíón de Ifni por España.
- Os daneses exploran Groenlandia.
Ciencia e tecnoloxía
1477
- Artigo principal: 1477.
- Batalla de Nancy na que morre Carlos o Temerario, duque de Borgoña.
- Fúndase a Universidade de Tubinga en Alemaña.
- Fúndase a Universidade de Uppsala en Suecia.
- Desde a catedral de Zaragoza expídese orde de derrocar todos os minaretes de Aragón.
Arte e cultura
- "Frederico de Montefeltro e os seu fillo", óleo de Pedro Berruguete.
Ciencia e tecnoloxía
1478
- Artigo principal: 1478.
- Os Médicis aplastan en Florencia unha conspiración dos Pazzi.
- O Gran Príncipe Iván III de Moscova somete a república de Novgorod.
- Bula de Sisto IV introducindo o Santo Oficio en Castela.
- Comezo da conquista das Illas Canarias pola Coroa de Castela.
- Enviado por Paolo di Negro, Cristovo Colón realiza unha expedición á illa de Madeira en procura de azucre.
Ciencia e tecnoloxía
- Imprímese en Valencia a tradución da Biblia de frei Bonifacio Ferrer.
1479
- Artigo principal: 1479.
- 20 de xaneiro, Fernando II de Aragón accede ó trono.
- Leonor de Foix, proclamada raíña de Navarra
- 4 de setembro, Sinatura do Tratado de Alcáçovas entre Portugal e Castela.
- Sicilia é incorporada a Aragón.
- Paz entre os turcos e Venecia.
Ciencia e tecnoloxía