Saltar ao contido

David Copperfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Copperfield

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Seth Kotkin Editar o valor en Wikidata
16 de setembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Metuchen (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLas Vegas Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Fordham
Metuchen High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoStreet magic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónilusionista, especialista de cinema, actor, hypnotist (en) Traducir, escritor, actor de cinema, actor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Nova York Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioDavid Copperfield Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaClaudia Schiffer (1994–1999) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webdavidcopperfield.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004518 Allocine: 38094 Allmovie: p14895 TV.com: people/david-copperfield IBDB: 69340
Twitter: D_Copperfield BNE: XX5566844 Musicbrainz: 824acc82-a56e-4c31-b1b2-f76a329e905f Discogs: 3232778 Editar o valor en Wikidata

David Seth Kotkin, nado en Metuchen (Nova Jersey) o 16 de setembro de 1956 é un ilusionista estadounidense coñecido profesionalmente como David Copperfield, descrito pola revista Forbes como o mago de maior éxito comercial da historia.[1]

Os especiais de Copperfield na televisión gañaron 21 premios Emmy dun total de 38 candidaturas. Célebre pola súa combinación de contacontos e ilusionismo, a súa carreira proporcionoulle once récords Guinnes,[2] unha estrela do Paseo da Fama de Hollywood,[3] o título de cabaleiro polo goberno francés,[4] e a designación como "lenda viva" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América.[5]

Copperfield vendeu máis de 33 millóns de entradas e gañou máis de catro mil millóns de dólares, máis que calquera outro artista individual na historia.[1][2][6][7] En 2015, Forbes calculou as súas ganancias nos doce meses anteriores en 63 millóns de dólares e situouno como a vixésima celebridade con máis ingresos do mundo.[8]

Cando non actúa, dirixe a súa propia cadea de once illas resort nas Bahamas, chamadas "Musha Cay and the Islands of Copperfield Bay".[6][9]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Copperfield naceu como David Seth Kotkin en Metuchen, Nova Jersey,[10] fillo de pais xudeus, Rebecca, perita de seguros, e Hyman Kotkin, propietario dunha xastrería en Warren, Nova Jersey, chamada Korby's.[11] A nai de Copperfield naceu en Xerusalén, mentres que os seus avós paternos eran xudeus inmigrantes da URSS (hoxe, Ucraína).[12][13] En 1974, graduouse no Metuchen High School.[14]

Cando tiña dez anos comezou a practicar a maxia como "Davino the Boy Magician" no seu barrio,[15] e aos doce anos converteuse na persoa máis nova admitida na Society of American Magicians.[16] Timido e solitario, Copperfield viu na maxia un xeito de encaixar e máis adiante de coñecer mulleres.[17] Cando era adolescente quedou fascinado con Broadway e coábase nos espectáculos, especialmente nos musicais de Stephen Sondheim e Bob Fosse.[18] Con dezaseis anos, impartiu un curso de maxia na Universidade de Nova York.[19]

Aos dezaoito anos, Copperfield entreou na Univeridade Fordham de Nova York, mais tres semanas despois abandonouna para interpretar o papel principal no musical The Magic Man en Chicago. Foi nese momento cando adoptou o nome artístico de "David Copperfield", pola novela de Charles Dickens porque lle gustaba como soaba. Copperfield cantaba, bailaba e creou o maioría das ilusións orixinais usadas no espectáculo, e The Magic Man converteuse no musical máis lonxevo na historia de Chicago[20] Con dezanove anos creou o primeiro espectáculo "Magic of David Copperfield" no Pagoda Hotel de Honolulu.[21]

A súa carreira televisiva comezou cando foi descuberto polo produtor Joseph Cates,[22] que lle produciu un especial de maxia en 1977 para a ABC chamado The Magic of ABC,[23] ademais de varios especiais The Magic of David Copperfield para a CBS entre 1978 e 2001.[22]

As súas ilusións inclúen a desaparición dun Learjet (1981), a desaparición e reaparición da Estatua da Liberdade[24][25] (1983), levitar sobre o Gran Canón (1984), atravesar a Gran Muralla Chinesa (1986), escapar da prisión de Alcatraz (1987), facer desaparecer un vagón do Orient Express (1991) e voar sobre o escenario durante varios minutos (1992).

  1. 1,0 1,1 "Houdini in the Desert". Forbes (en inglés). 8 de maio de 2006. 
  2. 2,0 2,1 Guinness World Records 2006, p. 197 ISBN 1-904994-02-4
  3. Magicwebchannel.com, ed. (16 de setembro de 1956). "Magic Web Channel hall of fame – David Copperfield". Consultado o 10 de xuño de 2009. 
  4. "Reappearing Act: Inside The Multimillion Dollar World Of Illusionist David Copperfield". Forbes.com. 5 de setembro de 2013
  5. Library of Congress (ed.). "Living Legends". Consultado o 13 de abril de 2008. 
  6. 6,0 6,1 New York Post, ed. (14 de agosto de 2011). "Baby it's certainly no illusion". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2011. 
  7. Forbes, ed. (2013). "Forbes 400 Richest Americans: Ones to Watch – David Copperfield". 
  8. "The World's Highest-Paid Celebrities". Forbes. 15 de novembro de 2015. 
  9. David, Richard (6 de maio de 2011). "David Copperfield's Caribbean Island". departures.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  10. Witchel, Alex (24 de novembro de 1996). "A Maestro of the Magic Arts Returns to His Roots". The New York Times. Consultado o 6 de decembro de 2007. "David Seth Kotkin was born in Metuchen, N.J., 40 years ago; David Copperfield was born when David Kotkin turned 18, at the suggestion of the wife of a New York Post reporter. Which is why his passport reads David Kotkin, a k a David Copperfield."
  11. Peres, Daniel. "Hy about Life". Remember Hy. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  12. Ike Hughes (2006). "David Copperfield has made a career out of dazzling people". Lansing State Journal. Consultado o 22 de setembro de 2008. "His dad, who managed a men's clothing store, was the son of Russian immigrants. His mom was born in Jerusalem; both wanted him to go to college and into a profession."
  13. David Copperfield Bio (Biography) Arquivado 03 de xuño de 2013 en Wayback Machine.. / Celebrity Gossip (16 de setembro de 1956). Consultado o 15 de febreiro de 2012.
  14. The Ultimate New Jersey High School Year Book. The Star-Ledger. 
  15. Espinoza, Galina (9 de abril de 2001). "A Lift Out of Life – David Copperfield". People.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2009. 
  16. "David Copperfield Milestones". Genii 47 (7): 455. xullo de 1983. 
  17. "The Victoria Advocate – Google News Archive Search". Consultado o 15 de setembro de 2009. [Ligazón morta]
  18. Berson, Misha (24 de xullo de 1997). "Entertainment & the Arts | Colossal Copperfield – Magic Superstar Throws Extravaganza As Big As Keyarena | Seattle Times Newspaper". Community.seattletimes.nwsource.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2009. 
  19. "Short bio from Chicago Gigs on Copperfield". Chicagogigs.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2009. Consultado o 14 de setembro de 2009. 
  20. Brennan, Morgan. "Reappearing Act: Inside The Multimillion Dollar World of Illusionist David Copperfield". Forbes Financial & Lifestyle Journal. Consultado o 21 de decembro de 2013. 
  21. David Copperfield Bio from A&E
  22. 22,0 22,1 "Joseph Cates, 74, a Producer Of Innovative Specials for TV". New York Times. 12 de outubro de 1998. Consultado o 9 de xuño de 2009. 
  23. Witchel, Alex (24 de novembro de 1996). "A Maestro of the Magic Arts Returns to His Roots – The New York Times". Nytimes.com. Consultado o 14 de setembro de 2009. 
  24. David Copperfield – Vanishing the Statue of Liberty. YouTube (1 de decembro de 2010). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
  25. Jory, Tom (8 de abril de 1983) David Copperfield and the vanishing Miss Liberty. Associated Press via Kingman Daily Miner

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy