Saltar ao contido

Deolinda da Conceição

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDeolinda da Conceição
Biografía
Nacemento(pt) Deolinda do Carmo Salvado da Conceição Editar o valor en Wikidata
7 de xullo de 1914 Editar o valor en Wikidata
Macau portugués, Imperio Portugués Editar o valor en Wikidata
Morte24 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Hong Kong, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, xornalista Editar o valor en Wikidata

BNE: XX870030

Deolinda do Carmo Salvado da Conceição, nada en Macau o 7 de xullo de 1913 e finada en Hong Kong o 24 de maio de 1957[Cómpre referencia][1], foi unha xornalista e escritora portuguesa, que marcou o panorama cultural lusófono do seu país na década de 1950.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De nacionalidade portuguesa, foi a cuarta filla de António Manuel Salvado, comerciante orixinario de Medelim (Castelo Branco) e radicado en Macau, e de Áurea Angelina da Cunha Salvado, natural de Macau. Estudou no Liceu de Macau.

O 1 de novembro de 1931 casou con Luís Gaspar Alves en Cantón. A parella foi vivir a Shanghai, por entón unha cidade dinámica e cosmopolita. Máis tarde divorciáronse.[1][2] En 1937, xa en fase de separación co Luís Alves, foi cos seus fillos José Maria Salvado Alves e Rui Cândido Augusto Alves vivir a Hong Kong, se ben a cidade foi tamén ocupada en decembro de 1941. Nesa época dirixiu unha escola portuguesa na cidade e foi tradutora do inglés para o xornal A Voz de Macau.[2][3] Coa fin da segunda guerra mundial regresou a Macau cos seus fillos. Comezou a traballar como secretaria de dirección e xornalista no diario Notícias de Macau, fundado en agosto de 1947, e como profesora de inglés e estenografía na Escola Comercial Pedro Nolasco.

O 29 de maio de 1948 casou con António Maria da Conceição, compañeiro de traballo e posteriormente director do Notícias de Macau. Ela escribía no xornal crónicas, artigos de crítica literaria e artística, ensaios, contos e unha "páxina feminina" que foi moi apreciada.[2][3][4] En 1956 visitou Portugal por vez primeira xunto co seu marido e o seu fillo António Maria da Conceição Júnior, que nacera en 1951. Permaneceu seis meses en Lisboa, onde conseguiu convencer a prestixiosa libraría Francisco Franco para publicar o seu único libro, Cheong Sam - a Cabaia. Mais por entón foi diagnosticada cunha doenza incurable. Logo de coñecer Portugal refresou a Hong Kong a comezos de 1957. Foi hospitalizada, e faleceu no mes de maio.[1][2]

Cheong-Sam - a Cabaia foi o único libro que publicou. Está composto por 27 contos, a maioría xa publicados anteriormente no Notícias de Macau. Todos eles falan principalmente da posición e condición da muller na China e en Macau.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Deolinda do Carmo Salvado". Macanese Families. (require rexistro (?)). [Ligazón morta permanente]
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Rangel, Jorge (21 de maio de 2007). "Saudade e homenagem, 50 anos depois". Jornal Tribuna de Macau (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Deolinda do Carmo Salvado da Conceição". Arscives (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Brookshaw, David. "Introduction to Deolinda da Conceição" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2019. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy