Diocese católica latina de Laghouat
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.902.760 (2019) (2,33 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua francesa | ||||
Relixión | Igrexa católica | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.107.708 km² | ||||
Comparte fronteira con | Roman Catholic Diocese of Nouakchott (en) , Suroeste Arquidiocese de Tunes (pt) , leste Apostolic Vicariate of Tripoli (en) , sueste Roman Catholic Diocese of Maradi (en) , sur Roman Catholic Diocese of Constantine (en) , Nordés Roman Catholic Diocese of Oran (en) , noroeste Arquidiocese de Argel (pt) , norte Arquidiocese de Rabat (pt) , oeste Roman Catholic Diocese of Mopti (en) , sur | ||||
Creación | 14 de setembro de 1955 | ||||
Catedral | Pro-Cathedral of Ghardaïa (en) | ||||
Sitio web | ada.asso.dz… |
A diocese de Laghouat (en latín: Dioecesis Laghuatensis) é unha sé da Igrexa católica latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2014 tiña un total de 1.200 bautizados, sobre unha poboación total de 4.324.000 habitantes. En 2017 foi nomeado bispo John Gordon MacWilliam.
Territorio
[editar | editar a fonte]A diocese ten xurisdición sobre todo o territorio alxeriano ao sur do Atlas.
O territorio está dividido en 11 parroquias. A sé episcopal é a cidade de Laghouat.
Historia
[editar | editar a fonte]O 19 de xullo de 1901 foi erixida a prefectura apostólica de Ghardaïa en territorios da vigairía apostólica do Sáhara e Sudán. O 10 de xuño de 1948 foi elevada a vigairía apostólica de Ghardaïa no Sáhara.
O 5 de xullo de 1954 cedeu parte do seu territorio para erixir a prefectura apostólica do Sáhara Occidental.
O 14 de setembro de 1955 foi elevada a diocese, tomando o nome actual e fixando a sé en Laghouat.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Prefectos apostólicos
- Charles Guérin (1901 - 1910, finado)
- Henri Bardou (1911 - 1916, renuncia)
- Louis David (1916 - 1919, finado)
- Gustave-Jean-Marie Nouet (8 de abril de 1919 - 1941, finado)
- Georges-Louis Mercier (13 de xuño de 1941 - 10 de xuño de 1948, elevación da sé)
- Vigairos apostólicos
- Georges-Louis Mercier (10 de xuño de 1948 - 14 de setembro de 1955, elevación da sé)
- Bispos
- Georges-Louis Mercier (14 de setembro de 1955 - 11 de xaneiro de 1968, renuncia)
- Jean-Marie Michel Arthur Alix Zacharie Raimbaud (11 de xaneiro de 1968 - 25 de xuño de 1989, finado)[1]
- Michel-Joseph-Gérard Gagnon (4 de febreiro de 1991 - 1 de xuño de 2004, finado)[2]
- Claude Jean Narcisse Rault (26 de outubro de 2004 - 16 de marzo de 2017, retirado)[3][4]
- John Gordon MacWilliam (dende o 16 de marzo de 2017)[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Père Jean-Marie Raimbault (1924 - 1989)". Centre Culturel et de Documentation Saharienne (CCDS) (ccdsghardaia.org) (en francés). Arquivado dende o orixinal o 19/06/2021. Consultado o 2/12/2020.
- ↑ Zenit (4 de xuño de 2004). "Algérie: Décès de Mgr Gagnon, Missionnaire d'Afrique, évêque de Laghouat" [Alxeria: Pasamento de Mons. Gagnon, Misioneiro de África, bispo de Laghouat]. ZENIT.org (en francés). Consultado o 2/12/2020.
- ↑ Agenzia Fides (26 de outubro de 2004). "New Bishop of Laghouat appointed" [Nomeado novo bispo de Laghouat]. Agenzia Fides (fides.org) (en inglés). Consultado o 2/12/2020.
- ↑ 4,0 4,1 Agenzia Fides (17 de marzo de 2017). "Démission de l’Evêque de Laghouat et nomination de son successeur" [Dimisión do bispo de Laghouat e nomeamento do seu sucesor]. Agenzia Fides (fides.org) (en francés). Consultado o 2/12/2020.