Saltar ao contido

Disimilación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A disimilación é un fenómeno fonolóxico que forma parte da lingüística histórica.

A través deste fenómeno algúns sons consonánticos ou vocálicos dunha palabra dan en facerse menos similares nalgún trazo. Ás veces argúese que a disimilación produce formas máis fáciles de recoñecer polo oínte (mentres que a asimilación produciría formas máis fáciles de pronunciar para o falante), coa consecuencia de que tales resultados son de feito cáusaa dos cambios. Pero todas estas especulacións non se sustentan en datos obxectivos. É máis, a disimilación, incluso en maior grao cá asimilación, adoita aparecer por unha articulación inadecuada.

De calquera modo, ambos procesos poden comportar un cambio na pronunciación dun segmento adxacente ó afectado ou separados por outros; e poden inducir un cambio relacionado cunha parte precedente ou posterior no vocábulo. Así como a asimilación, a disimilación anterior é moito máis común cá posterior; pero xusto ó contrario có outro fenómeno, a maioría das disimilacións afectan a partes non contiguas á inicial. Amais, mentres que moitos tipos de asimilación teñen fonte nunha lei fonética, relativamente poucos procesos disimilatorios se relacionan directamente con elas. A maioría teñen natureza de feito accidental ocorrido sobre unha forma léxica.

De disimilación anterior a distancia (con moito a máis común)

Hermann Grassmann.
  • Latín *medio-die-s ("mediodía") convértese en meri-die-s. O latín vén-num "veleno" > veleno. Esta categoría inclúe un estraño exemplo de lei sonora sistemática, a disimilación da aspirada en grego e sánscrito coñecida como Lei de Grassmann: *thi-the--mi "poño" (con reduplicación) > grego ti-the--mi, *phakhu- "groso" > grego pakhu-, *sekho- "teño" > *hekho- > grego ekho- (cf. futuro *hekh-s-ou- > hekso-). Algúns casos aparentemente son problemáticos, como o inglés "eksetera" por etcetera, que pode ser máis unha contaminación das numerosas formas en eks- (ou unha combinación de influencias), se ben a forma incorrecta e común ect. indica disimilación.
  • Abogonthi > Begonte (incluíndo ademais unha aférese), topónimo de Lugo.

Disimilación anterior dunha zona contigua (moi rara)

  • O cambio de fricativa a articulación xorda nunha secuencia de fricativas: protoxermánico *seχs "seis" > anglosaxón siex /ks/, alemán sechs /zeks/. En sánscrito, en toda secuencia orixinal de dúas sibilantes a primeira convértese en xorda (a miúdo con desenvolvemento posterior): raíz vas- "vestir", fut. vas-sya- > vatsya-; *wis'-s "clan" (nom.sg.) > *vit(s' > *vit.s. > vit. (os grupos finais simplifícanse); *wis'-su locativo pl. > *vit.s.ou > viks.ou. O inglés amphitheater pronúnciase a miúdo ampitheater.

Disimilación posterior a distancia (bastante común)

  • Latín ra-rus "raro" > italiano rado. O inglés Cardamom, a especia, normalmente cardamon. En inglés medio, nunha ampla lista de palabras rematadas en -n pero precedidas de consoante apical o -n cambiou a -m: seldom, whilom, random, venom. O inglés marble é en última instancia herdeiro do latín marmor. O ruso февраль /fevr?ó^(j)/ "febreiro" deriva do latín Februa-rius.

Disimilación posterior dun segmento contiguo (algo rara)

  • Inglés chimney (oficial) > chim(b)lei.
  • Protoeslávico *sveboda "liberdade" > eslovaco "sloboda"[1].
  • Latín vagabundu > na lingua coloquial vagamundo, disimilando o trazo fonolóxico de bilabial respecto á primeira consoante e de oclusiva e sonora respecto ás outras consoantes (ademais de asimilación coa seguinte nasal e de analoxía semántica).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy