A tempada 2008-2009 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 42 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 21 de setembro do 2008, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 19 de abril do 2009, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de CRC Madrid por quinta vez na súa historia.
En azul o campión de liga (1º). En rosa a posición de promoción de permanencia (9º). En vermello as posicións de descenso directo (10º).
Datos finais do campionato:
CRC Madrid conseguiu o campionato nacional de liga, con 79 puntos en 18 xornadas. Foi o 5º título de liga para o club, contando os campionatos acadados co nome antigo, Real Canoe.
O último clasificado, Getxo, descendeu de categoría. Les Abelles evitou o descenso nunha eliminatoria fronte ó Atlético Portuense.
O centro surafricano Ryan Pierre Le Roux, do La Vila, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 12 ensaios.