División de Honra B de Rugby 2007-2008
A tempada 2007-2008 da División de Honra B foi a décima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby.
Formato de competición
[editar | editar a fonte]Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España e Madrid, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular
[editar | editar a fonte]Grupo 1
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R. Liceo Francés | 67 | 14 | 13 | 0 | 1 | 593 | 170 | 15 |
2º. | Gernika R.T. | 57 | 14 | 12 | 0 | 2 | 630 | 197 | 9 |
3º. | C.R. Cisneros | 47 | 14 | 9 | 0 | 5 | 472 | 229 | 11 |
4º. | Hernani C.R.E. | 41 | 14 | 8 | 1 | 5 | 409 | 278 | 7 |
5º. | Durango R.T. | 31 | 14 | 5 | 1 | 8 | 285 | 301 | 9 |
6º. | Vigo R.C. | 23 | 14 | 5 | 0 | 9 | 263 | 302 | 3 |
7º. | Oviedo R.C. | 12 | 14 | 2 | 1 | 11 | 130 | 573 | 2 |
8º. | R.C. Cornellá | 1 | 14 | 0 | 1 | 13 | 85 | 817 | 0 |
Grupo 2
[editar | editar a fonte]Posto | Equipo | Puntos | PX | PG | PE | PP | PF | PC | B |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1º. | C.R. Les Abelles | 56 | 14 | 11 | 2 | 1 | 397 | 143 | 8 |
2º. | C.R. La Vila | 50 | 14 | 10 | 0 | 4 | 439 | 246 | 10 |
3º. | C.R.A. Portuense | 48 | 14 | 10 | 1 | 3 | 345 | 277 | 6 |
4º. | Helvetia Rugby | 46 | 14 | 9 | 0 | 5 | 375 | 271 | 10 |
5º. | C.A.U. Valencia | 38 | 14 | 8 | 0 | 6 | 341 | 252 | 6 |
6º. | Jaén R.C. | 26 | 14 | 4 | 1 | 9 | 362 | 438 | 8 |
7º. | C.D.U. Málaga | 10 | 14 | 2 | 0 | 12 | 227 | 458 | 4 |
8º. | C.D.U. Granada | 4 | 14 | 0 | 0 | 14 | 164 | 565 | 4 |
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). |
|
Fase de ascenso
[editar | editar a fonte]Semifinais | Final | ||||||
C.R. Liceo Francés | 21 | 26 | |||||
C.R. La Vila | 41 | 23 | |||||
C.R. La Vila | 23 | ||||||
C.R. Les Abelles | 22 | ||||||
C.R. Les Abelles | 3 | 12 | |||||
Gernika R.T. | 3 | 6 |
O campión da categoría foi o Club de Rugby La Vila, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Club de Rugby Les Abelles.
Málaga e Oviedo acadaron a permanencia batendo nas eliminatorias de promoción a Sant Cugat e L'Hospitalet respectivamente.