Saltar ao contido

Dolores Cacuango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDolores Cacuango

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1881 Editar o valor en Wikidata
Cayambe, Ecuador Editar o valor en Wikidata
Morte23 de abril de 1971 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Outros nomesmama Dulu Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Editar o valor en Wikidata

Dolores Cacuango Quilo, nada en Cayambe o 26 de outubro de 1881 e finada en Yanahayco o 23 de abril de 1972, foi unha activista ecuatoriana pioneira no campo da loita polos dereitos dos indíxenas e labregos no seu país, tamén coñecida como Mamá Dulu.[1][2][3] Fundou en 1944 a Federación Ecuatoriana de Indios (FEI)[4] coa axuda do Partido Comunista de Ecuador e en 1946 xunto a Luisa Gómez de la Torre a primeira escola bilingüe (quechua-español). É unha das referentes máis coñecidas da esquerda ecuatoriana e unha das referentes do feminismo ecuatoriano a principios do século XX xunto a Tránsito Amaguaña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dolores Cacuango naceu no latifundio de San Pablo Urcu preto de Cayambe (provincia de Pichincha) en 1881. Os seus pais, Andrea Quilo e Juan Cacuango, foron indios gañanes, nome que recibían as persoas que traballaban en facendas sen soldo. Creceu no campo xunto aos seus pais, sen asistir á escola debido á falla de recursos económicos. Nunca aprendeu a ler nin a escribir, o que resultou un factor motivante[5] para mellorar o acceso á educación da comunidade indíxena. Aprendeu a falar castelán na cidade de Quito, lugar onde traballou como empregada doméstica a moi curta idade.

Unha das influencias na vida política de Cacuango foi Juan Albamocho, un indíxena que solía disfrazarse de mendigo e pedir caridade, sentaba ao pé dos despachos dos avogados e escoitaba o que conversaban. Unha tarde, Albamocho regresou á súa comunidade en Cayambe e exclamou berrando "Si houbo lei para os indíxenas". Dende entón, a comunidade indíxena desexaba coñecer os seus dereitos, para poder defenderse dos continuos maltratos dos tenentes políticos e dos curas parroquiais.[6]

A súa primeira acción que a situou no liderado indíxena foi a principios de 1926 cando Dolores tiña xa 44 anos. Foi no contexto dunha rebelión popular en Cayambe dirixida polo indio Jesús Gualavisí e impulsada polo Sindicato de Traballadores Campesiños de Juan Montalvo. Dolores formaba parte dun grupo de mulleres que promoveron folgas en distintas facendas da zona. Destacou pola súa capacidade de condución e os seus discursos pronunciados en quechua e en castelán.​[5]

En 1927 casou con Luis Catucuamba, foron vivir a Yanahuayco, próximo a Cayambe. Traballaron na agricultura e tiveron nove fillos; oito deles morreron a curta idade por doenzas intestinais causadas pola falta de hixiene e salubridade da zona. O único fillo que sobreviviu foi Luis Catucuamba. En 1946 chegou a ser educador de indíxenas na súa vila natal, pois a súa nai quixo que axudase o seu pobo.

Os últimos anos de Cacuango foron penosos. Perdeu forzas, sufriu paraplexía, perdeu peso, estaba cansa e deixou de visitar as comunidades e organizacións. Faleceu en 1971 con 89 anos. No momento do seu pasamento acompañábana o seu esposo, o seu fillo, a súa nora e a súa amiga María Luisa.

Activismo

[editar | editar a fonte]

Dolores Cacuango foi unha activa impulsora da fundación de escolas bilingües en colaboración con Luisa Gómez de la Torre; fundou en 1946 a primeira escola bilingüe (quechua-español).[1]

No ámbito político, en 1944 participou na creación da primeira organización indíxena en Ecuador[7] que se denominou Federación Ecuatoriana de Indígenas (FEI) auspiciada polo Partido Comunista del Ecuador;[8][9] aquí ocupou a secretaría xeral.[10]

Ademais, liderou a apertura de escolas sindicais en Cayambe[11] e, xunto a Rosa Lema, foi unha das mulleres de orixe indíxena máis recoñecidas no seu país a finais da década de 1940.[9]

A Reforma Agraria foi ditada en outubro de 1973 co obxectivo de facer algunhas reformas no réxime de posesión e usufruto da terra, para deter a ofensiva dos campesiños rebeldes e precautelar a produtividade das facendas. Esta procuraba a integración nacional, transformación das condicións de vida do campesiñado, redistribución do ingreso agrícola e organización dun novo sistema social de empresa de mercado. A reforma agraria marcou o inicio dun proceso de “territorialización” sobre un importante espazo rural situado no Cantón Cayambe, provincia de Pichincha. Dolores Cacuango dentro deste proceso foi unha figura clave que liderou a varios mozos indíxenas na rebelión contra o poder dos facendados e dos seus administradores e mordomos.

Dolores Cacuango vivía nunha pequena aldea preto de Cayambe, o que a motivou a participar liderando varias rebelións en Cayambe para protexer os dereitos indíxenas. A causa disto chegárona a coñecer como La Loca Dolores Cacuango ("A tola Dolores Cacuango"), xa que a temían pola súa capacidade de liderado e o seu carisma que atraía grandes grupos indíxenas en Cayambe.

Nas súas incursións polas comunidades ía sempre acompañada polos indios de experiencia política e por mozos que formaba no liderado. En 1964 o plan de axuda Alianza para o Progreso durante a presidencia de Galo Plaza buscaba a instauración da reforma agraria; esta buscaba un cambio para que as leis que a mesma propuña sexan respectadas polos facendados e pola oligarquía. Dolores apoiou este plan liderando unha marcha en Quito con case dez mil indios de Cayambe, na que se dirixiu a todos os ecuatorianos ao dar un discurso no Teatro Universitario, xa que buscaba xustiza para os indíxenas con esta nova restauración da reforma agraria.

A especie de avespa Aleiodes cacuangoi recibiu o seu nome por ela.[12]

  1. 1,0 1,1 Sociedad Nipo Ecuatoriana (ed.). "Dolores Cacuango". Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  2. Murriagui, Alfonso (25 de marzo de 2010). "Dolores Cacuango, pionera en la lucha por los derechos indígenas". Voltaire.net. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  3. Rodas Morales, Raque (2005). Dolores Cacuango, gran líder del pueblo indio. Banco Central del Ecuador. p. 179. ISBN 978-997-872-410-1. 
  4. "Protagonismo de las mujeres indígenas en el Ecuador". El Tiempo (en castelán). 6 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Kersffeld, Daniel (19 de febreiro de 2014). "Dolores Cacuango, líder irrepetible". El Telégrafo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2018. Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  6. "Dolores Cacuango - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2017. 
  7. Lucas, Kintto (1997). Mujeres del siglo XX. Editorial Abya Yala. p. 153. ISBN 978-997-804-291-5. 
  8. Chuji, Mónica (2008). "Los medios de comunicación indígenas al servicio de los derechos humanos y colectivos —el caso de Ecuador—". En Berraondo, Mikel. Pueblos indígenas y derechos humanos. Universidade de Deusto. p. 692. ISBN 978-849-830-548-7. 
  9. 9,0 9,1 Prieto, Mercedes (2008). "Rosa Lema y la misión cultural ecuatoriana indígena a Estados Unidos: turismo, artesanías y desarrollo". En de la Torre, Carlos; Salgado, Mireya. Galo Plaza y su época. Flacso-Sede Ecuador. p. 191. ISBN 978-997-867-154-2. 
  10. Albó, Xavier (2008). Movimientos y poder indígena en Bolivia, Ecuador y Perú. CIPCA. p. 294. ISBN 978-999-543-509-7. 
  11. Tuaza C., Luis Alberto (2010). "Concepciones del Estado y demandas de las organizaciones campesinas e indígenas (1940-1960)". En Burbano de Lara, Felipe. Transiciones y rupturas: El Ecuador en la segunda mitad del siglo XX. Flacso-Sede Ecuador. p. 562. ISBN 978-997-867-263-1. 
  12. Shimbori, E. M; Shaw, S. R (2014). "Twenty-four new species of Aleiodes Wesmael from the eastern Andes of Ecuador with associated biological information (Hymenoptera, Braconidae, Rogadinae)". ZooKeys (405): 1–81. PMC 4023268. PMID 24843275. doi:10.3897/zookeys.405.7402. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy