Saltar ao contido

Donald Davidson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDonald Davidson
Nome orixinal(en) Donald Herbert Davidson Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1917 Editar o valor en Wikidata
Springfield, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 2003 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Berkeley, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerkeley (1981–2003) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - filosofía, estudos clásicos (–1949)
Staten Island Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseWillard Van Orman Quine Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Stanford University Philosophy Department (en) Traducir
Universidade Stanford
Universidade de Chicago
Universidade de California, Berkeley
Universidade Rockefeller Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
DoutorandoStephen Yablo (en) Traducir, Michael Bratman (pt) Traducir e Howard Burdick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1149451 WikiTree: Davidson-15194

Donald Herbert Davidson nado en Springfield, Massachusetts, o 6 de marzo de 1917 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley (California), foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formado na Universidade Harvard, deu clases posteriormente na Stanford, Princeton, Rockefeller, Chicago, e California.

A súa obra exerceu considerable influencia en diversas áreas da filosofía a partir dos anos 1960, en especial nas áreas da filosofía da mente, filosofía da linguaxe, e teoría da acción.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Davidson entende que hai un interpretar comprensivo na comunicación intersubxectiva que se relaciona coas condicións de verdade dun enunciado. Davidson vai impugnar o empirismo do seu mestre Willard Van Orman Quine, non existe un dualismo entre subxectividade e mundo obxectivo, entende que non existen un presunto material neutro á espera de ordenación conceptual. Toma distancia fronte a unha ciencia que ve como omniabarcadora e que acabará coa filosofía mesma.

Existe un modo lexítimo de coñecemento distinto da ciencia física que permite abordar filosoficamente os sentimentos, os desexos, as intencións e todo un discurso mental desprezado polo empirismo. Sendo un externalista (existen conexións entre o mundo exterior e o contido dos nosos pensamentos), afirma porén que interpretamos un experimento como interpretamos calquera outra cousa. Davidson segue afincado no materialismo fisicista pero entende que existen descricións verdadeiras dende o punto de vista epistemolóxico que non se se cinguen a leis físicas. O pensamento esixe elementos compartidos de verdade e obxectividade, existe un contexto público intersubxectivo ao que a mente se ve dalgún xeito sometida. Non podemos entender a outro se non compartimos o seu mundo e non o vemos tan lóxico como o somos nós (principio de caridade). A fonte da obxectividade é a intersubxectividade (trangulación).

Relaciona tamén a filosofía práctica coa filosofía da linguaxe ao estudar a acción. Considera que a conduta intencional obedece a un proceso causal pero isto non impide que existan contradicións no suxeito debido á mente parcelada onde se mesturan desexos e arelas en seccións mentais semiautónomas.

  • Inquiries into Truth and Interpretation, 2001
  • Subjetive, Intersubjetive, Objetive, 2001
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy