Saltar ao contido

Dureza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dureza é a capacidade que ten un material de soportar esforzos sen se deformar permanentemente. Non debe confundirse coa tenacidade. Hai diversas formas de medir a dureza, se ben a maioría consiste en utilizar un pequeno indentador, dispositivo que trata de penetrar no material e que pode ser un pequeno balote ou unha agulla.

Escalas de uso industrial

[editar | editar a fonte]

En metalurxia a dureza mídese utilizando un durómetro para o ensaio de penetración. Dependendo do tipo de punta empregada e do rango de cargas aplicadas, existen diferentes escalas, axeitadas para distintos rangos de dureza.

O interese da determinación da dureza nos aceiros estriba na correlación existente entre a dureza e a resistencia mecánica, sendo un método de ensaio máis económico e rápido que o ensaio de tracción, polo que o seu uso está moi estendido.

Ata a aparición da primeira máquina Brinell para a determinación da dureza, esta medíase de forma cualitativa empregando unha lima de aceiro temperado que era o material máis duro que se empregaba nos talleres.

As escalas de uso industrial actuais son as seguintes:

  • Dureza Brinell: Emprega como punta unha bóla de aceiro. Para materiais duros, é pouco exacta.
  • Dureza Rockwell: Utilízase como punta un cono de diamante (nalgúns casos unha bóla de aceiro). É a máis estendida, xa que a dureza se obtén por medición directa e é apta para todo tipo de materiais. Adóitase considerar un ensaio non destrutivo polo pequeno tamaño da pegada.
  • Rockwell superficial: Existe unha variante do ensaio, chamada Rockwell superficial, para a caracterización de pezas moi delgadas, coma coitelas de afeitar ou capas de materiais que recibiron algún tratamento de endurecemento superficial.
  • Dureza Webster: Emprega máquinas manuais na medición, sendo apto para pezas de difícil manexo coma perfiles longos extruídos. O valor obtido adoita converterse a valores Rockwell.
  • Dureza Vickers: Emprega coma penetrador un diamante con forma de pirámide cuadrangular. Para materiais brandos, os valores Vickers coinciden cos da escala Brinell.

Escala de Mohs

[editar | editar a fonte]

En mineraloxía utilízase a escala de Mohs, creada por Friedrich Mohs, que mide a resistencia ó raiado dos minerais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy