Saltar ao contido

Echo (satélites)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O satélite Echo 1, inflado durante as probas en terra.

Os dous satélites Echo foron os primeiros satélites de comunicacións experimentais da NASA, lanzados durante a década de 1960. Tratábase de satélites de comunicacións pasivos, nos que as ondas electromagnéticas reflectíanse para poder alcanzar maiores distancias e comunicar dous puntos afastados sobre a Terra.

Ámbolos dous satélites consistían en enormes globos feitos de mylar (un material reflectante) e un pequeno paquete coa electrónica e o sistema de inflado do globo. O diámetro de Echo 1 era de 30,48 m, mentres que o de Echo 2 era de 41 m.

Echo 1, Echo 1A

[editar | editar a fonte]

O satélite Echo 1 orixinal tivo o seu primeiro intento de lanzamento o 13 de maio de 1960, pero o control de actitude da segunda etapa do foguete non funcionou correctamente e finalmente o satélite non alcanzou órbita. A substitución de Echo 1, chamada Echo 1A, foi lanzado o 12 de agosto de 1960 mediante un foguete Thor-Delta desde Cabo Cañaveral, e xeralmente é coñecido como Echo 1, sen máis.

Echo 1 tiña forma de globo de 30,48 m de diámetro e 180 kg de peso, e estaba formado por unha película reflectante de mylar de 0,0127 mm de espesor e un paquete coa electrónica e os transmisores para monitorizar o satélite e enviar datos do seu estado mediante telemetría. O satélite reflectía as ondas electromagnéticas incidentes, permitindo que os sinais de telefonía, radio e televisión chegaran a puntos afastados da Terra. A telemetría do satélite emitíase en 107,9 MHz e os transmisores estaban alimentados por cinco baterías de níquel-cadmio cargadas por 70 células solares montadas sobre o globo.

Ademais da súa función de satélite de comunicacións pasivo, o enorme tamaño e pouco peso de Echo 1 serviu para estudar a densidade da atmosfera á altura da órbita do satélite e a presión da radiación solar. Durante as últimas etapas da misión, tamén foi usado para verificar a factibilidade da triangulación por satélite.

Echo 1 foi inxectado nunha órbita inicial de 1058,7 km de perixeo, 1966,2 km de apoxeo, 47,3 graos de inclinación orbital e un período orbital de 116,2 minutos.[1] Reentrou na atmosfera o 24 de maio de 1968.[2]

O satélite Echo 2 foi lanzado o 25 de xaneiro de 1964 mediante un foguete Thor-Agena B desde a base aérea de Vandenberg e tiña forma de globo de 41 m de diámetro e 256 kg de peso, estando formado por unha película reflectante con varias capas de mylar e aluminio e un paquete coa electrónica e os transmisores para monitorizar o satélite e enviar datos do seu estado mediante telemetría. Ó igual que Echo 1, Echo 2 reflectía os sinais electromagnéticos para comunicar partes distantes do planeta. A telemetría do satélite emitíase en 136,17 e 136,02 MHz, cunha potencia mínima de 45 mW. Os transmisores estaban alimentados por baterías cargadas por células solares. O satélite foi usado tamén para realizar medicións xeodésicas.

Echo 2 foi inxectado nunha órbita inicial de 1031 km de perixeo, 1316 km de apoxeo, 85,5 graos de inclinación orbital e un período orbital de 108,8 minutos.[3] Reentrou na atmosfera o 7 de xuño de 1969.[4]

  1. "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (62-04423). 7 de marzo de 1962: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2007. Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  2. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ECHO 1" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  3. "Letter dated 26 March 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (64-07275). 30 de marzo de 1964: 2. Consultado o 25 de febreiro de 2021. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ECHO 2 (A-12)" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2012. 
  • Mark Wade (2011). "Echo" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  • Mark Wade (2011). "Echo 2" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  • Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Echo 1, 1A" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  • Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Echo 2" (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  • NASA (14 de maio de 2012). "Echo 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2012. 
  • NASA (14 de maio de 2012). "Echo 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2012. Consultado o 9 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy