Economía de Botswana
Economía de Botswana | |
---|---|
Moeda | pula |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana, SACU |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 32,06 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 112ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 3,8% (2012) |
PIB per cápita | 17 100 (2012) |
PIB por sector | agricultura 2,1%, industria 45%, servizos 52,9% |
Inflación | 7,5% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 1.288.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | N/D |
Desemprego | 17,8%% (2009) |
Industrias | diamantes, cobre, níquel, sal mariño, carbonato de sodio, potasa, procesamento de produtos animais, téxtiles |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 6 259 millóns (2012) |
Produtos de exportación | diamantes, cobre, níquel, carbonato de sodio, carne, téxtiles |
Principais mercados | AELC 87 %, outros países da SACU 7 %, Zimbabwe 4 % (2009) (2012) |
Importacións | 7 839 millóns (2012) |
Principais produtos importados | alimentos, máquinas, equipamentos eléctricos, equipamentos de transporte, téxtiles, combustibles e derivados de petróleo, produtos de madeira e papel, metais e produtos de metais |
Principais mercados | outros países da SACU 74 %, AELC 17 %, Zimbabwe 4 % (2009) (2012) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 2 437 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Botswana é o terceiro produtor mundial de diamantes. O país ten unha economía de libre mercado. Entre 1987 e 1997 experimentou un crecemento medio do 7,3%, sendo unha das economías con máis alta taxa de crecemento do mundo. Entre 2006 e 2008 seu PIB creceu abaixo dos 5%, e o 2009 contraeuse fortemente, cunha caída da industria de case 30%[1]. A través dunha disciplina fiscal e unha eficiente xestión, o país transformouse dun dos máis pobres do mundo nunha economía de renda mediana, cun PIB per cápita de U$ 14.100 o 2008. Dous importantes bancos de investimento clasificaron o país como un dos mellores en termos de risco de crédito en África[1].
A minería de diamante axudou a expansión económica e actualmente representa máis de 1/3 do produto interno bruto, entre o 70 e o 80% das exportacións e preto de metade das rendas do goberno[1]. A súa renda per cápita aumentou de 7.800 dólares en 1997 para case o dobro, 14 700 dólares o 2007.A grande dependencia do país dun único produto de luxo nas súas exportacións foi un factor crítico na forte retracción económica o 2009. Outros sectores de importancia son o turismo, os servizos financeiros e a gandería de subsistencia.
A pesar do desemprego ser, segundo datos oficiais, soamente o 7,5% da forza de traballo o 2007, estimativas non oficiais dan conta de case 40%[1]. Os índices de infección polo VIH están entre os máis elevados do mundo, e ameazan as impresionantes ganancias económicas do país. Tamén se espera unha retracción da produción de diamantes nas próximas dúas décadas, o que pode significar unha forte redución do crecemento en longo prazo.
O seu maior socio comercial é Suráfrica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).