Saltar ao contido

Elisabeth Knight Britton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElisabeth Knight Britton

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Elizabeth Gertrude Britton Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Elizabeth Gertrude Knight Editar o valor en Wikidata
9 de xaneiro de 1858 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte25 de febreiro de 1934 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMoravian Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCuba Editar o valor en Wikidata
EducaciónHunter College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánica, ilustradora, deseñadora, cartelista, brióloga, conservadora, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesada enBrión e briófitas Editar o valor en Wikidata
AlumnosAbel Joel Grout (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaE.Britton Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeNathaniel Lord Britton Editar o valor en Wikidata

Elisabeth Knigth Britton, nada en Nova York o 9 de xaneiro de 1858 e finada no Bronx o 25 de febreiro de 1934, foi unha botánica e escritora estadounidense, que contribuíu ó coñecemento dos musgos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Elizabeth Knight creceu en Cuba, onde a súa familia tiña unha plantación de azucre. Asistiu a colexios en Cuba e Nova York e en 1875 graduouse na Escola Normal. Durante 10 anos traballou nese mesmo centro, e durante este tempo construíu unha reputación como botánica afeccionada. Cara a 1883 especializouse en brioloxía, o estudo dos musgos, e publicou o seu primeiro artigo nese campo.

En agosto de 1885 casou con Nathaniel L. Britton, xeólogo. Nathaniel pronto se volveu cara á botánica, facendo conxuntamente con el varios viaxes para recollida de campo nas indias occidentais. En 1886-1888 foi editora do Bulletin of the Torrey Botanical Club, do que foi membro dende 1879. Coa axuda prestada polo Club e outras persoas interesadas, o matrimonio liderou a creación dun xardín botánico en Nova York. O New York Botanical Garden foi rematado no 1891, e no 1896 Nathaniel Britton foi o primeiro director da institución. O herbario de Columbia foi transferido alí en 1899, e Elisabeth tomou ó seu cargo, de xeito non oficial, a colección de musgos do departamento de botánica de Columbia e de xeito gradual foi construíndo unha impresionante colección, incrementada pola compra da xa recollida polo suízo August Jaeger no 1893. No 1912 outorgóuselle o cargo de xeito honorario.

Outras actividades

[editar | editar a fonte]

De xeito paralelo desenvolveu outras actividades. Así, en 1902 fundou a 'Wild Flower Preservation Society of America', sociedade americana para a preservación da flora salvaxe, da que foi en diferentes períodos secretaria e tesoureira. A través da sociedade e diversas publicacións liderou movementos que lograron salvar diferentes flores en perigo ó longo dos Estados Unidos. De 1916 a 1919 foi presidente da Sullivan Moss Society, que axudara a fundar en 1898 e que no 1949 pasou a ser a American Bryological Society. Publicou 346 artigos científicos entre 1881 e 1930, e ten 15 especies e 1 xénero de musgos (Bryobrittonia) que levan o seu nome.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy