Elisabeth Shue
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1963 (61 anos) Wilmington, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Xermanos estadounidense, suízo-estadounidense, Neerlando-americano (pt) , French Americans (en) e británico-estadounidense |
Educación | Universidade Harvard Wellesley College Columbia High School (en) |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, produtora, actriz, actriz de cinema, cantante |
Período de actividade | 1982 - |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Cónxuxe | Davis Guggenheim (1994–) |
Fillos | Stella Street Guggenheim |
Nai | Anne Brewster Wells |
Irmáns | Andrew Shue |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Elisabeth Judson Shue, nada en Wilmington, Delaware, o 6 de outubro de 1963, é unha actriz estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Shue naceu no seo dunha familia de clase media,[1] filla de Anne Brewster Wells, axente de banca, e de James William Shue,[2] avogado e axente inmobiliario, que se divorciaron cando ela tiña nove anos.[3][4] O seu pai era un activista republicano que intentou ser elixido para o Senado polo estado de Nova Jersey.[5] O seu irmán é o tamén actor Andrew Shue.
Shue graduouse no Columbia High School de Maplewood (Nova Jersey) e entrou en Harvard en 1985, licenciándose en ciencias políticas en 2000[6] despois dunha paréntese en que iniciou a súa carreira como actriz.[1] Durante os seus estudos no instituto e tralo divorcio dos seus pais gañou cartos facendo de modelo na televisión. Shue converteuse nunha cara familiar ao participar en anuncios de Burger King, De Beers e Hellmann's.[7]
En 1984 chegou o seu auténtico debut como protagonista con Karate Kid (1984), onde interpretaba a moza de Daniel LaRusso (Ralph Macchio). Ao mesmo tempo fixo outros papeis en filmes como Call to Glory (1984), rodada para ser emitida na televisión. Continuou a súa carreira actuando en Adventures in Babysitting (1987) e obtivo o papel coprotagonista en Cocktail (1988), protagonizada por Tom Cruise. Máis tarde chegaron as secuelas de Back to the Future, en que interpretou a Jennifer Parker, parella da personaxe interpretada por Michael J. Fox.[8] Substituíu a actriz Claudia Wells que renunciou a repetir o seu papel no primeiro filme por mor dunha enfermidade na súa familia. Nesta época, o irmán máis vello de Shue, William, falecu nun accidente durante unhas vacacións familiares.[9]
Na década de 1990 comezou a conseguir papeis máis arriscados. Participou en Marrying Man (1991) con Alec Baldwin e Kim Basinger, mais o filme foi duramente castigado por gran parte da crítica.[10] Despois tivo un papel protagonista en Heart and Souls, de 1993, xunto a Robert Downey Jr. Seguiulle Leaving Las Vegas (1995), con Nicolas Cage, cunha interpretación que lle valeu unha candidatura ao Óscar, ao Globo de Ouro e ao BAFTA entre outros.[11] Despois deste éxito interveu en títulos como Desconstructing Harry (1997), de Woody Allen, The Saint, (1997) con Val Kilmer e a cinta de suspense Hollow Man (2000), en que compartiu cartel con Kevin Bacon e que recadou 190 millóns de dólares en todo o mundo.[12] Xa na década de 2000 apareceu en filmes como Hide and Seek (2005), con Robert De Niro, e Dreamer: Inspired by a True Story (2005), con Kurt Russell e Dakota Fanning, que foi eloxiada pola prensa cinematográfica.[13]
Tras estes filmes viñeron outros que non tiveron repercusión na billetería internacional ou na crítica cinematográfica ata que en 2010 interveu en tres novos filmes: Walking Madison (2010), Janie Jones (2010), xunto a Abigail Breslin, e no remake de Piranha (1978) titulado Piranha 3D (2010), rodada en 3D con actores como Richard Dreyfuss, Christopher Lloyd e Jerry O'Connell. En 2012 incorporouse ao elenco da serie CSI: Crime Scene Investigation como substituta de Marg Helgenberger.[14] Posteriormente participou na serie Cobra Kai, continuación da franquía de filmes Karate Kid.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Shue casou co director Davis Guggenheim en 1994.[15] A parella tivo tres fillos: Miles William, Stella Street e Agnes Charles.[16]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1983 | Somewhere, Tomorrow | Margie | |
1984 | The Karate Kid | Ali Mills | |
1986 | Link | Jane Chase | |
1987 | Adventures in Babysitting | Chris Parker | |
1988 | Cocktail | Jordan Mooney | |
1989 | Regreso ó futuro II | Jennifer Parker | |
1990 | Back to the Future Part III | ||
1991 | The Marrying Man | Adele Horner | |
1991 | Soapdish | Lori Craven / "Angelique" | |
1993 | Heart and Souls | Anne | |
1993 | Twenty Bucks | Emily Adams | |
1994 | Radio Inside | Natalie | |
1995 | The Underneath | Susan Crenshaw | |
1995 | Leaving Las Vegas | Sera | |
1996 | The Trigger Effect | Annie Kay | |
1997 | The Saint | Dr. Emma Russell | |
1997 | Deconstructing Harry | Fay | |
1998 | Palmetto | Mrs. Donnelly / Rhea Malroux | |
1998 | City of Angels | Pregnant woman | Cameo sen acreditar |
1998 | Cousin Bette | Jenny Cadine | |
1999 | Molly | Molly McKay | |
2000 | Hollow Man | Linda McKay | |
2002 | Leo | Mary Bloom | |
2002 | Tuck Everlasting | Narrador (voz) | |
2004 | Mysterious Skin | Mrs. McCormick | |
2005 | Hide and Seek | Elizabeth Young | |
2005 | Dreamer | Lilly Crane | |
2007 | First Born | Laura | |
2007 | Gracie | Lindsay Bowen | |
2008 | Hamlet 2 | Herself | |
2009 | Don McKay | Sonny | |
2010 | Piranha 3D | Julie Forester | |
2010 | Janie Jones | Mary Ann Jones | |
2011 | Waking Madison | Dr. Elizabeth Barnes | |
2012 | Hope Springs | Karen, The Bartender | |
2012 | House at the End of the Street | Sarah Cassidy | |
2012 | Chasing Mavericks | Kristy Moriarity | |
2014 | Behaving Badly | Pamela Bender | |
2017 | Battle of the Sexes | Priscilla Wheelan | |
2018 | Death Wish | Lucy Kersey | |
2020 | Greyhound | Eva Frechette |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Consultado en 2010 Biografía de Elisabeth Shue IMDb (en inglés)
- ↑ Obituary for James Shue Arquivado 2015-02-21 en Wayback Machine. consultado o 2/20/2015
- ↑ Bandler, Michael J. "The Will to Win; Elisabeth Shue and her brother Andrew had a dream to honor their brother's memory with a film about family and soccer. They didn't trust Hollywood to get it right, so they financed and filmed it here at home.", New Jersey Monthly, 20 de decembro de 2007. Consultado o 23 de decembro de 2013
- ↑ Actress in `Babysitting' takes charge of her life, Bob Strauss, 12 de xullo de 1987. Chicago Sun-Times
- ↑ au.movies.yahoo.com Yahoo![Ligazón morta]
- ↑ Soman, Chainani (2000-02-02). "Shue Returns To Complete Degree". Harvard Crimson. Consultado o 2019-08-08.
- ↑ "Elisabeth Shue - You can enjoy the screams and the gore and the fun". The Independent. 2010-08-13. Consultado o 2011-01-28.
- ↑ Jennifer Parker (Character) from Back to the Future IMDb (en inglés)
- ↑ Piccalo, Gina (2007-05-27). "Whose life is it anyway?". Los Angeles Times. Consultado o 2018-08-02.
- ↑ Marrying Man Rotten Tomatoes (en inglés)
- ↑ Premios y nominaciones de Elisabeth Shue IMDb (en inglés)
- ↑ Recaudación de Hollow Man Box Office Mojo (en inglés)
- ↑ Respuesta crítica a Dreamer: Inspired by a True Story Rotten Tomatoes (en inglés)
- ↑ Andreeva, Nellie (2011-11-18). "'CSI's New Leading Lady: Elisabeth Shue To Replace Marg Helgenberger On CBS Series". Deadline.com. Consultado o 2012-07-26.
- ↑ "Elisabeth Shue". womencelebs.com. Arquivado dende o orixinal o 2008-05-12.
- ↑ "Breaking Celeb News, Entertainment News, and Celebrity Gossip". E! News. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elisabeth Shue |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados no condado de New Castle, Delaware
- Nados en 1963
- Actores de cine dos Estados Unidos de América
- Actores de teatro dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Alumnos da Universidade Harvard
- Estadounidenses de ascendencia alemá
- Estadounidenses de ascendencia inglesa