Saltar ao contido

Elisabetta Sirani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElisabetta Sirani

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1638 Editar o valor en Wikidata
Boloña, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de agosto de 1665 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Boloña, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturabasílica de San Domingos, arca Guidotti Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes visuais Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Boloña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, gravadora, augafortista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato, alegoría, pintura relixiosa, pintura de xénero, Pintura de historia e pintura mitolóxica Editar o valor en Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor en Wikidata
AlumnosGinevra Cantofoli (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiGiovanni Andrea Sirani Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna Maria Sirani
Barbara Sirani Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteWomen Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) Traducir, (sec:Sirani, Elisabetta)
Grandes Mestras das Artes (pt) Traducir, (p.119)
Invisible Women (en) Traducir, (sec:Elisabetta Sirani) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1732582

Elisabetta Sirani, nada en Boloña o 8 de xaneiro de 1638 e finada na mesma cidade o 28 de agosto de 1665, foi unha pintora e impresora barroca italiana que morreu en circunstancias pouco explicadas aos 27 anos.[1] Foi a artista feminina máis famosa nos principios da idade moderna en Boloña e estabeleceu unha academia para outras mulleres artistas.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Elisabetta Sirani naceu en Boloña en xaneiro de 1638, primeira dos catro fillos de Margherita e Giovanni Andrea Sirani. Sirani naceu nunha familia de artistas e aprendeu no estudio do seu pai,[3] pintor da escola de Boloña, alumno de Guido Reni e mercador de arte. A súa biografía está incluída no libro Felsina pittrice: vite de'pittori bolognesi (Vidas dos pintores boloñeses) de Carlo Cesare Malvasia, publicado en 1678.[4] Malvasia era coñecido persoal da familia Sirani e foi que recoñeceu o talento de Elisabetta e persuadiu o seu pai para que a adestrase como artista, a pesar de que iso foi probabelmente por autoengrandecerse.[5] Hai evidencias de que o pai de Sirani non estaba inicialmente inclinado a ensinar a súa filla o estilo da pintura boloñesa. Aínda así adquiriu a técnica e converteuse nunha das pintoras máis recoñecidas da cidade e o seu culto medrou ata considerala a reencarnación feminina de Guido Reni. Segundo algúns eruditos, ela eclipsou tanto o seu pai como as súas dúas irmás, tamén pintoras. Na súa biografía de Sirani, Malvasia enxalza a orixinalidade das súas composicións, o seu estilo de debuxo, a súa maneira rápida de traballar e a súa profesionalidade, contrastándoa coa de Lavinia Fontana, unha pintora boloñesa anterior que describiu como tímida.[6]

Cando arredor de 1654, Giovanni Andrea Sirani quedou incapacitado pola gota Elisabetta comezou a dirixir o obradoiro familiar.[7] Elisabetta Sirani era nese momento o sostén da familia. Entre os pagamentos dos seus alumnos e os encargos de retrratos, podía manter a familia. O seu estudio tiña un éxito incrible, probabelmente debido á atmosfera progresiva de Boloña, onde as mulleres artistas eran aceptadas e celebradas.[8]

Matrimonio

[editar | editar a fonte]

Elisabetta Sirani nunca casou, a pesar da súa personalidade cariñosa, temperamento animado e os seus modos corteses. Algúns creron, como Malvasia, que o seu pai evitou que a súa filla casase, mais non hai probas diso. Moitas familias italianas do século XVII decidían casar as súas fillas para preservar a súa reputación ou darlles protección. A casa Sirani non tiña necesidade diso e determinou que Elisabetta podería axudar a familia.[9]

Elisabetta Sirani morreu de súpeto en agosto de 1665, en Boloña. A súa morte foi considerada sospeitosa e unha criada, Lucia Tolomelli, foi acusada de envelenala e enviada a xuízo. Considerouse sospeitosa porque Tolomelli pedira finalizar o seu servizo poucos días antes da morte de Sirani. Giovanni Andrea Sirani retirou os cargos pouco despois do xuízo.[10] Laura Ragg comenta que Sirani faleceu a “unha idade considerada nova de feito para morte, mais totalmente tarde para matrimonio”. Malvasia atribuíu a súa morte ao mal de amores, porque Sirani nunca casou.[11] A causa real da morte posiblemente fose por un ataque de peritonite após unha úlcera péptica.[12] Isto puido ser o resultado da intensa tensión á que tivo que entregarse despois de que recaese sobre ela o mantemento completo da súa casa.

Catafalco de Elisabetta Sirani, 1665

Sirani tivo un elaborado funeral que incluíu un enorme catafalco cunha escultura a tamaño natural da artista (ilustrado na biografía de Malvasia), oracións e música composta na súa honra por prominentes cidadáns de Boloña, e foi enterrada na Basílica de San Domenico, na mesma tumba que o profesor do seu pai, Guido Reni.[13] O funeral público de Sirani foi considerado por algúns, incluíndo Laura Ragg, como unha elexía a Boloña, a cidade na que viu a luz a Sirani, considerada polos seus contemporáneos unha artista precoz e prolífica. Sirani foi descrito por un poeta como o pincel lamentado. Malvasia suxire que non foi envelenaba senón que sufriu unha condición que xurdiu espontaneamente no corpo dunha “muller vivaz e animosa, ocultando ata o grao máis alto a súa arela dun marido quizais cobizado mais negado a ela polo seu pai”. Un oficial de cidade do seu tempo escribiu que “ela foi chorada por todos. As señoras especialmente as que eloxiaron os seus retratos, non poden soportar a paz sobre o feito. De feito, é unha desgraza grande perder unha artista tan grande dun xeito tan estraño”. O ostentoso e elaborado funeral que recibiu reflicte a alta estima que recibiu dos seus contemporáneos e a súa fama internacional.

Aínda que a súa prematura morte limitou a súa carreira a apenas unha década, Sirani deixou unha produción sorprendentemente ampla: 200 pinturas, así como debuxos e diversos gravados.

A amplitude da produción pictórica de Sirani fixo pensar nunha participación masiva de axudantes, xa que as súas irmás Barbara e Anna Maria eran tamén pintoras e tivoo por discípulas máis de doce mulleres que chegaron a exercer profesionalmente. A artista fixo demostracións públicas en resposta a quen cuestionaba a autoría dos seus cadros.

Nos seus debuxos a lapis e tinta, Sirani introducía fortes contrastes de luces. Exemplo diso é Caín matando a Abel do castelo de Windsor. Nas súas pinturas, pola contra, foi menos persoal e suavizou o clarescuro con sombras tostadas, máis en consonancia coa escola boloñesa. Polo xeral, as súas composicións son de formato medio e simples en canto a deseño e manteñen un ton agradable e decorativo de indubidable atractivo comercial.

[editar | editar a fonte]

Sirani aparece referenciada na obra de Judy Chicago The Dinner Party[14]

En 1994, recibiu o seu nome un cráter do planeta Venus.[15]

A pintura de Sirani A virxe co neno de 1663, da colección do Museo Nacional das Mulleres nas Artes de Washington, D.C., foi seleccionada para a serie de selos das vacacións de Nadal do United States Postal Service en outubro de 1994.[16] Foi a primeira obra dunha muller escollida para devandita serie.

O seu cadro Herodías coa cabeza de Xoán o Bautista aparece na portada do álbum None So Vile do grupo canadense Cryptopsy (1996).

  1. Malvasia 1678, Vol II, 453–467.
  2. Modesti, 1-2
  3. Marter, Joan; Barlow, Margaret (2012-01-01). "PARALLEL PERSPECTIVES". Woman's Art Journal 33 (2): 2–2. JSTOR 24395282. 
  4. An English translation of the 1841 edition is provided in Dabbs, 121-32.
  5. Dabbs, 121.
  6. Malvasia 1678, Vol II, 453 e Dabbs 122.
  7. Modesti, 1.
  8. Artist Profile: Elisabetta Sirani.
  9. Ragg, Laura (1907). Women Artists of Bologna. Methuen & Co. 
  10. Malvasia 1678, Vol II, 479 and Dabbs, 131.
  11. Malvasia 1678, Vol II, 479-80 e Dabbs, 123.
  12. Moedsti, 1
  13. Malvasia 1678, Vol II, 463. Malvasia also reproduces a number of the orations throughout his text.
  14. "The Dinner Party". Brooklyn Museum. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  15. "Sirani". Gazetteer of Planetary Nomenclature. International Astronomical Union (IAU) Working Group for Planetary System Nomenclature (WGPSN). Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  16. "Christmas Holiday Stamps". United States Postal Service: Our History. United States Postal Service. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Artist Profile: Elisabetta Sirani'Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.'. National Museum of Women in the Arts.
  • Bohn, Babette. "Elisabetta Sirani and drawing practices in early modern Bologna," Master Drawings, vol. 42, no. 3 (Autumn 2004): 207–236.
  • Frick, Carole Collier et al. Italian Women Artists: From Renaissance to Baroque. Nova York: Rizzoli, 2007. Catálogo dunha exhibición no National Museum of Women in the Arts, Washington, D.C. ISBN 9788876249198
  • Dabbs, Julia K. Life Stories of Women Artists, 1550-1800: An Anthology. Burlington, VT: Ashgate, 2009, 121–132. ISBN 9780754654315
  • Malvasia, Carlo Cesare. "Di Gio. Andrea Sirani e di Elisabetta sua figlivola", Felsina pittrice, vité de pittori bolognesi (2 vols, Bologna, 1678), vol. II, 453–487. Digital Edition: http://catalog.hathitrust.org/Record/000461733.
  • Modesti, Adelina. Elisabetta Sirani 'Virtuosa' Women's Cultural Production in Early Modern Bologna. Turnhout, Belgium: Brepols, 2014. ISBN 9782503535845
  • Ottavio Mazzoni Toselli, Di Elisabetta Sirani pittrice bolognese e del supposto veneficio onde credesi morta nell’ anno XXVII di sua età. Bologna, 1833.
  • Laura M. Ragg. The Women Artists of Bologna. Londres, 1907, 229–308.
  • Germaine Greer, The Obstacle Race: The Fortunes of Women Painters and Their Work. Londres, 1979, 218–220.
  • Babette Bohn, "The Antique Heroines of Elisabetta Sirani," Renaissance Studies, vol. 16, no. 1 (marzo de 2002): 52-79.
  • Babette Bohn, "Female self-portraiture in early modern Bologna", Renaissance Studies, vol. 18, no. 2 (xuño de 2004): 239–286.
  • Jadranka Bentini e Vera Fortunati Pietrantonio. Elisabetta Sirani. Pittrice eroina, 1638-1665. Bologna: Editrice Compositori, 2004. ISBN 8877944668
  • Adelina Modesti. Elisabetta Sirani: una virtuosa del Seicento bolognese. Bologna: Editrice Compositori, 2004. ISBN 8877944455.
  • Whitney Chadwick. Women, Art, and Society. Londres, 2012. ISBN 978-0500204054.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy